"LETRAS GALEGAS 2011"
Entre as actividades organizadas no colexio para as "Letras Galegas" destacou, este curso, unha exposición de traballos plásticos realizados por todo o alumnado en torno á figura de Laxeiro. A súa obra foi fonte de inspiración para que nenos e nenas plasmasen sobre papel a súa visión das famosas obras que este artista levou a cabo ao longo da súa vida. Seguro que Laxeiro xa nunca será para eles e para elas un descoñecido.
Clica na foto e verás o traballo do noso alumnado.