O ALUMNADO DE 5 ANOS NO HORTO

Dise que "Horta posta en marzo, coa cesta sempre debaixo do brazo"; por iso, durante este mes a actividade no noso horto estase a intensificar.

Se clicas na imaxe, podes velos traballando arreo:

- Plantaron pementos de Padrón

- Tamén plantaron as escarolas que trouxo Rubén

- E, por último, sementaron leituga Trocadero.