5 anos traballa no horto

Despois de tanta choiva, os nenos e nenas de 5 anos visitamos o horto. Xa era hora de poñernos a traballar.
Primeiro, recollimos as coles do ano pasado, para facer un caldiño tan rico como fixera, no conto, o coelliño branco.
Despois, plantamos coliflor e sembramos espinacas, para poñernos tan fortes como Popeye.


E agora a esperar!!!


E mentres esperamos, podedes ver o moito que traballamos.