AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA

 

Informamos que as probas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria terán lugar os días 23 e 24 de maio.

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso  2017/18.

       Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2017/18 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

      A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

      Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.