O 23 de novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria realizou unha andaina ata a biblioteca municipal de A Ponte para participar en varias actividades de formación de usuarios e de fomento da lectura.
Participamos activamente nunha sesión de contacontos, realizada polas monitoras da biblioteca, a través dun kamishibai que nos mantivo espectantes ata o seu remate.
Fomos felicitados polo noso comportamento e. tamén, polo coñecemento que temos do funcionamento dunha biblioteca. Asemade, as persoas maiores que nos atenderon quedaron sorprendidas coa nosa eficiencia lectora e comunicadora.
Na galería de imaxes podedes observar a nosa experiencia...
Como ven sendo habitual, nos últimos anos, o Día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés de biblioteca ao novo alumnado do centro para que teñan acceso a todos os servizos que se ofertan desde a biblioteca, sendo o máis solicitado o servizo de préstamo para levar fondos da biblioteca para as súas casas.
Xunto co carné, faise entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.
A formación de usuarios estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.
Con alumnado de Ed. Infantil traballáronse os seguintes obxectivos ao longo do curso:
Para conseguilo, realizamos as seguintes actividades:
A valoración das actividades da biblioteca son positivas xa lles encanta estar nela e séntense maiores buscando libros.
O alumnado dos primeiros cursos de Ed. Primaria, xunto cos seus titores, adicaron un tempo a seguir coñecendo a biblioteca, os usos e normas máis básicos que nela rexen . Así puideron acadar os seguintes obxectivos:
Realizaron as seguintes actividades:
En 3º e 4º de Ed. Primaria os obxectivos perseguidos foron os seguintes:
ACTIVIDADES
A formación de usuarios, en 5º e 6º de Ed. Primaria, estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor se encargou de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:
A formación de usuarios estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor se encargou de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.
Os máis cativos do cole, no primeiro trimestre, aprenderon a gardar silencio e colocar os libros nas baldas correspondentes.
Visitaron a biblioteca unha vez por semana, e traballaron coas seguintes normas:
Asemade realizaron outras actividades de formación:
As actividades gustáronlle moito pois a biblioteca é un lugar máxico para eles.
O alumnado de primeiro e segundo de primaria seguiu tamén esta dinámica. Seguiron o programa de Formación de usuarios do PAL e realizaron as seguintes actividades:
O alumnado máis grande do cole realizou as seguintes actividades:
Este ano, como o Día do libro foi domingo, na nosa biblioteca, celebrámolo o venres 28 de abril co obxectivo principal de fomentar a lectura, e outros obxectivos, non menos importantes, como o fomento do esforzo, da colaboración, da axuda, da amizade... a través de diversas actividades de animación á lectura. No seguinte programa tedes acceso a parte das actividades realizadas:
Galería de imaxes
Ao remate da celebración o alumnado foi agasallado cos marcapáxinas que, coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar.
O alumnado de 6º curso participou no IV Concurso Xornal escolar de La Región, do cal foron gañadores o cursos pasado.
Ao longo do primeiro e segundo trimestre, o equipo de redacción foi recollendo novas relativas ás diversas actividades que tiveron como protagonista ao noso centro e que ilustraron con imaxes e debuxos que realizou todo o alumnado de sexto.
Nas próximas semanas, as mellores edicións serán publicadas os mércores no Xornal escolar de "La Región"...
Esperamos que o noso sexa un deles!!!
O alumnado de quinto curso, coordinados pola súa titora, acadou o primeiro premio provincial no Concurso "Crea o teu xornal" que organizou o xornal "La Región".
A continuación reflectimos a entrevista que lle fixeron desde a redacción de "La Región" e que sairá publicada o próximo 29 de xuño.
Como premio iremos de viaxe a Portugal no mes de setembro cos gastos pagados polo xornal..
MOITOS PARABÉNS!!!
Ligazón á nova no Xornal "La Región"
¿Qué supone para vosotros ser ganadores?
Una enorme alegría y el hecho de que se reconozca con ello el esfuerzo realizado en equipo.
¿Cómo organizasteis la elaboración del trabajo?
Nuestra tutora nos propuso los temas, lo hablamos y por parejas los fuimos redactando, excepto la entrevista que las preparamos todos juntos. Una vez corregido el texto se lo leíamos a toda la clase y hacíamos los cambios, si era necesario. Revisamos las fotos que ya teníamos o hacíamos otras. El profe Norberto y la Teacher Pilar también nos ayudaron mucho. Ángel, el profe de prácticas nos echo una mano.
¿Qué quisisteis plasmar con vuestro trabajo?
Mostrar las actividades que hacemos en el aula o en todo el colegio y que podemos aprender muchas cosas de una forma diferente, sin tener que utilizar tanto el libro de texto.
Algo que os gustaría destacar
De todo el trabajo, lo que más nos gustó fue hacer la entrevista a nuestra Orientadora. Destacar también que elaboramos un árticulo para recomendar libros de lectura porque nuestra biblioteca es el lugar que visitamos todas las semanas, llevamos libros para casa o buscamos información para confeccionar nuestros trabajos y proyectos consultar.
Nos hubiese gustado poder presentaros la despedida que le hicimos a la profesora Auxiliar de Conversa o la predicción del tiempo en las Illas Cíes en inglés, la obra teatro y las otras actividades del curso. Bueno, si queréis las podéis ver en la página web del cole.
O alumnado de 2º de Ed. Primaria realizou unha visita guiada á biblioteca municipal do barrio de A Ponte. Para chegar ata as instalación da biblioteca realizamos unha andaina pola beira do río Miño disfrutando dunha paisaxe espectacular que moitos de nos non coñeciamos.
Unha vez que chegamos á biblioteca, a encargada da mesma, recibiunos e explicounos todos os servizos que ofertan ao público. Asemade, comentounos todas as seccións que se poden atopar na mesma e as actividades de animación á lectura que realizan co lectores na nosa idade.
Unha vez coñecidas as súas instalacións, realizamos un contacontos onde os protagonistas do mesmo foron tres alumnos do cole. Estes, contáronos unha versión moi peculiar dunha historia do Libro das 1001 noites "Aladino e a lámpada marabillosa".
Ao rematar o conto, démoslle cor, en acetato con cores permanentes, ás personaxes desta historia.
Na viaxe de regreso ao noso colexio fixemos unha parada para descansar no parque de xogos do Parque Miño... pasámolo xenial!!
Traballar coa prensa na escola supón unha serie de obxectivos, entre os que destacamos: