PDI

Mellorando o vocabulario metereolóxico

O alumnado de 6º de Ed. Primaria elaborou un gran mural metereolóxico no recanto de metetereoloxía no que se traballou o vocabulario en ingles.

Pasapalabra

Ao longo do terceiro trimestre o alumnado de 6º curso realizou un concurso na súa aula chamado "Pasapalabra".

As cuestións e as respostas ás mesmas foron elaboradas por eles mesmos. Moitas das preguntas estaban relacionados con vocabuario referente a aspectos metereolóxicos.

Digamos que con esta actividade estivemos gamificando a aprenizaxe cunha metodoloxía activa onde os alumnos foros os protagonistas da súa propio aprendizaxe.

 

Elaboración dun termómetro

O alumnado de 6º curso elaborou un termómetro e comprobou en situ como se dilatan os líquidos ao elebar a temperatura.

Bolas de neve

O alumnado de 6º curso realizou ao longo de todo o ano bolas de neve seguindo a tecnica do artista ourensán Baldomero Moreiras, que no mes de febreiro visitou o noso cole.

Na seguinte galería temos unha mostra de parte deste estupendo traballo realizado con estas bolas de neve.

Radio Sueiro

Galeria

O alumnado de 6º curso elaborou un programa de radio, ao longo do mes de maio, con motivo das Letras Galegas. Nel tiveron o previlexio de entrevistar a Carlos Casares, escritor ourensán homenaxeado este ano.

Os meteorólogos do Sueiro facilitaron os datos da súa estación metereolóxica para dar as novas do tempo no programa.

Na seguinte ligazón tedes acceso ao podcast integro do programa:

Gamificando a Carlos Casares

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, durante a Hara de ler, realizou unha actividade de gamificación ou ludificación que tiña por obxecto avaliar as aprendizaxes adquiridas ao longo do mes de maio sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas: Carlos Casares.

Nesta ocasión aproveitamos o potencial da ferramenta da web 2.0 de Kahoot, tamén dispoñible para dispositivos móbiles. O equipo de dinamización lingüística do centro elaborou un Kahoot con 20 items no que participou dito alumnado.

Como premio final, fixemos entrega de diplomas para recoñecer o seu esforzo e dedicación.

Ao remate de dita actividade realizamos unha sesión de avaliación e posta en común, sobre a mesma, e nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada, 10=Moito), o alumnado, valorouna cunha media de 9,4 puntos, sendo a moda da enquisa o valor 10.

Visto o éxito volveremos a empregar esta metodoloxía noutras temáticas traballadas na aula.

Pinocchio en inglés

O 26 de maio os máis cativos do cole asistiron á representación de "Pinocchio", unha obra de teatro íntegramente en inglés, que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense.

Ao longo do mes de maio o alumnado, xunto coa mestre de inglés, prepararon o vocabulario e as cancións da obra para poder gorzar máis da actividade.

Geppeto, un humilde carpinteiro que sempre desexara ter un fillo, talla unha marioneta de madeira con la forma dun neno. Unha noite a Fada Azul da vida á marioneta á que Geppeto chamará Pinocchio. Na vida de Pinocchio aparecerá Stromboli, un pícaro rufián e a boca enorme dunha balea.

Os nenos e nenas disfrutaron desta historia chea de travesuras, humor e moita tenrura.

Por medio desta obra traballamos valores como a sinceridade e a responsabilidade.

Pasámolo xenial!!

Producións da biblioteca no curso 2016/2017

Nas seguintes ligazóns poderedes acceder ás principais producións que realizamos desde a biblioteca escolar no curso 2016/2017:

A Capela Sixtina e Miguel Angel

A área de relixión traballou sobre os frescos da bóveda e da parede tras o altar da Capela Sixtina, pintados por un dos mellores pintores e escultores da nosa historia, Miguel Ángel Buonarroti.

Para levar  a cabo esta tarefa, o alumnado indagou, sobre a historia da Capela e a biografía de Miguel Ángel, a través das seguintes páxinas Webs, facilitadas polos profesores, quen tamén lles axudaron, guiándolles na procura para solicitar información sobre devanditos ítems:

Para familiarizarse coa capela, e os seus frescos, tamén puideron gozar dunha visita virtual a través de Internet

Este material interactivo e audiovisual espertou o interese e motivou aos alumnas e alumnos a unha participación activa entre eles e os seus profesores, preguntando e opinando sobre o que vían e escoitaban.

O produto final deste traballo foi exposto na biblioteca ao resto de compañeiros do cole. Co cal podemos concluír que esta actividade foi moi amena, interesante e proveitosa.

 

A arte no noso corpo

As actividades da área de Ed. Física, en relación ao PDI, estiveron relacionadas voa Expresión corporal.

O alumnado participou en dúas das sesións:

  • “Suelo helado”.
  • “Bailamos”.

Ambas  sesións realizámolas no aula de música e a primeira foi con alumnado de 6º de primaria e a segunda con alumnado de 4º de primaria.

Na seguinte ligazón hai acceso á memoria gráfica das actividades.

 

Distribuir contido