Neste curso no PDI do centro adicámonos a explorar sobre Galicia.
O alumnado de 3º E. Primaria, investigaron, ao longo do primeiro e segundo trimestre, sobre as “herbas e plantas medicinais de Galicia”.
Para acadar os obxectivos propostos: buscar e coñecer herbas e plantas medicinais da contorna; recompilar distintas clases de herbas e plantas máis comúns que se usan como remedio de enfermedades; coñecer que tipo de enfermedades curan as distintas plantas medicinais: respiratorias, dixestivas, da pel …e coñecer como se usan as distintas plantas medicinais: infusións, uso tópico … desenvolvéronse as seguintes actividades:
Caderno de "Herbas e plantas medicinais"
A clase de 5º realizou unha visita moi especial ao Museo de "El Prado": Percorreron as salas do museo nunha tarde de treboada e algo máxico ocorreu na sala 55.
Sen saber como, atopáronse diante do cadro de Robert Campín, “Santa Bárbara”.
Pero iso non foi o raro, non!. O estraño do caso foi a conversa que mantiveron coa protagonista do cadro, a mesmísima Santa Bárbara.
Saltaron á comba, cantaron con ela, falaron do tempo, dos avós, das bibliotecas, dos libros, de cadros, de museos,…
Que non o cres? Mira o vídeo e comprobarás todo isto e … alguna outra sorpresa máis.
O proxecto de meteoroloxía desenvolvido no noso centro, o pasado curso escolar, resultou premiado no programa de Meteoescolas do Plan Proxecta sendo un dos mellor valorados de Galiza.
O xurado fundamentou este recoñecemento en virtude da "súa orixinalidade, do seu carácter multidisciplinar, e sobre todo o seu gran impacto tanto na propia Comunidade Educativa, como na contorna do seu centro".
Felicitamos aos verdadeiros artífices deste premio, xunto coa súa titora:
Este curso tamén participamos no programa de Meteoescolas. Esperamos seguir na mesma liña...
O alumnado das aulas de apoio no curso 2015/2016 está a traballar sobre lendas populares dentro do proxecto documental integrado "Galicia arredende a aventura".
No seguinte mural iremos reflectindo o traballo realizado ao longo do curso:
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe.
A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO, e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.
Desde o Fogar de Leo, este curso traballaremos, no noso proxecto documental, seguindo estas directrices, e facendo de exploradores do noso entorno próximo… en breve darémosvos máis iformación sobre o PDI.
Neste libro recollemos parte do traballo desenvolvido ao longo do curso 2014/2015 no PDI "Mergullándonos nun mar de números".
Asemade indicamos que a recopilación das actividades está organizada segundo indica a II Convocatoria de concurso de proxectos que convocou a Consellería de Educación.
A ver se hai sorte!!
O día 22 de maio o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou unha convivencia intercentros co alumnado do CEIP de Pazos de Reis de Tui. Con dito alumnado, levamos coordinándonos ao longo deste curso para comparar os datos metereolóxicos de Tui cos de Ourense.
Ata hoxe, só coñeciamos aos nosos compañeiros e compañeiras de Tui virtualmente, por fin lles puxemos cara!!
A viaxe para eles comezou moi cedo, pola mañá, transladáronse en tren desde Tui ata Ourense. Unha vez que chegaron ata o noso centro, fixémoslles de guía pola cidade de Ourense. Visitamos as fontes termais das Burgas e puideron comprobar en situ a temperatura á que emana a auga. Continuamos cunha visita ao casco histórico de Ourense con parada na Catedral e visita ao Pórtico do Paraíso. Continuamos polas rúas da zona vella para visitar a fonte da Praza do Ferro.
Comezamos o camiño de regreso, ata o noso centro, cunha parada de descanso na Praza de Vigo.
Unha vez que chegamos ao centro, xantamos todos xuntos na nosa biblioteca intercambiando impresións para coñecernos mellor
Antes de despedirnos, fixéronnos un agasallo, a todos e todas nós, polo que lles estamos moi agradecidos.
Foi unha experiencia xenial...
...Hai que repetila!!
Ao longo do curso, na área de inglés estivemos recollendo información do tempo metereolóxico que facía en Denver, USA.
Como actividade final a esta experiencia, fixemos de "homes e mulleres do tempo", meteorologos, cunha presentación en inglés ante os nosos compañeiros do cole.
No seguinte vídeo podedes observar que temos futuro nos telexornais para explicar o tempo.
Tal cual familiares do Pemán!!
De todos é coñecida a estreita relación que teñen os fenómenos meteorolóxicos coa música: A choiva ten a súa propia música; o sol é un estado de ánimo; o outono é melancolía e a primavera liberdade. A música tamén nos fala de choiva, tráenos lóstregos, sol, vento… aos oídos ou neve á cabeza.
Na área de música aproveitamos o proxecto para facer audicións de fermosas composicións musicais de xenios como Beethoven, Vivaldi ou a familia Strauss , entre outros…
No vídeo podemos observar un corte dalgunhas das sesións progaramadas ao longo do curso.