Memoria gráfica das actividades realizadas ao longo do curso 2021/2022 no Club de lectura do noso cole.
Para ver a presentación a todo páxina premer na seguinte ligazón:
O alumnado do Club de lectura de 4º curso elaborou un libro titulado "Xa non son malo" sobre o traballado no club de lectura ao longo do segundo trimesttre.
Dito libro foi presentado na biblioteca na última semana de clase e engadido aos fondos da mesma. Está dispoñible na sección 4 da nosa biblioteca para todas as persoas scias da mesma.
Como actividade final do club de lectura de 3º curso participamos nun Kahoot! no que puxemos en valor todo o traballado ao longo deste trimestre no Club de lectura sobre a lectura do libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.
Foi unha boa maneira de despedir o curso. Pasámolo xenial!!
Kahoot sobre o libro
Kahoot sobre o autor do libro
O 10 de xuño realizamos o concurso de animación á lectura sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia que estivemos traballando no club de lectura de terceiro curso ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
O nivel de traballo e coñecemento do libro foi moi alto, e redundou en que o desenlace final do concurso non se decidise ata a última pregunta, resultando gañador o equipo formado por Tiago, Lorenzo, Jordana e Mateo.
Nesta ocasión, todos os participantes no club de lectura tiveron un pequeno agasallo e un diploma que acreditaba o seu nivel lector. Asemade, os gañadores obtiveron un diploma de equipo gañador e outro agasallo máis.
O derradeiro libro traballado no club de lectura de sexto curso foi Palabras de auga de Macos Calveiro e publicado por edicións xerais.
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado...
Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.
O libro móstranos como é a vida diaria duha sociedade africana que non dista moito do que podería ser a vida no Neolítico.
Como remate final, realizamos o concurso de lectura sobre o libro no que participou a totalidade do alumnado de 6º curso de Ed. primaria. Para elo, conformamos catro equipos heteroxéneos creados aleatoriamente por sorteo.
O equipo vencedor foi o formado por Diego, Gustavo e Andrés. Recibiron como agasallo o libro titulado El ladrón del rayo de Rick Riordan.
O último día do mes de maio, realizamos un encontro na biblioteca, con todos os membros do club de lectura para cambiar impresións sobre o libro traballado ao longo do terceiro trimestre: Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia de Jordi Sierra i Fabra.
A ampla participación de todos os seus membros fixo que o encontro fose moi produtivo xa que aproveitamos a ocasión para abordar varios temas de conservación do medio ambiente que levamos traballado ao longo do curso desde o noso PDI.
A experienncia foi moi enriquecedora.
Xa estamos desexando que volva a comezar o novo curso para pór a rodor de noov o Club de lectura.
No mes de maio tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Xabier Domínguez, editor e escritor dun dos libros traballados no Club de lectura: Naturizo. O regreso das flores.
Neste encontro non só falamos do seu libro, senón que nos explicou o proceso laborioso que hai detrás de cada un dos libros que temos na nosa biblioteca: desde que está na cabeciña do seu autor ou autora, ata que chega ás librerías para ser mercado.
Xa temos nova mascota para a biblioteca e os clubs de lectura, unha vez resolto o concurso que se convocara en xaneiro.
Trátase dunha evolución do noso querido Leo a unha versión un pouco máis heroica realizada por Marta Rey Vila. Aquí vos presentamos a SUPERLEO. Os seus poderes xa os iredes descubrindo pouco a pouco na biblioteca do cole,
Moitos parabéns para a autora da mascota!!
Na seguinte galería de imaxes teredes acceso a parte dos traballos presentados ao concurso: