No mes de xuño, o alumnado de 5º curso de Ed. Primaria participou no derradeiro concurso, deste ano, de animación á lectura que realizan sobre os libros traballados durante a Hora de ler. Nesta ocasión, traballaron sobre o libro de Brigitte Évano titulado: “Erik e Harald, guerreros viquingos” que nos serviu para reforzar as aprendizaxes adquiridas sobre os viquingos no proxecto documental deste curso.
Erik e Harald son dous guerreiros viquingos, primos entre si, que saen nos seus barcos en direccións opostas para ver quen traerá o maior tesouro. A historia ten lugar ao redor do ano 1000. No camiño loitan con piratas, lobos e outras culturas, o que fai que o camiño dos tesouros sexa difícil.
É un libro moi divertido co que podemos descubrir aspectos da cultura e da vida desta temida xente: o seu comercio, os seus rituais funerarios, a súa comida que nos mostra que era unha xente ruda, pero civilizada e gran coñecedora do mar.
A historia está acompañada de xogos e datos sobre a súa cultura, que completan a visión dos viquingos.
O equipo gañador do concurso levouse como premio o libro de Ledicia Costas: "As peripecias de Extravaganza Pérez", que será co que comecemos no Club de lectura do próximo curso.
Pasado o Día das Letras Galegas, realizamos un custionario en Kahoot para avaliar a aprendizaxe do noso alumnado en relación ao traballo de documentación realizado sobre o autor homenaxeado neste ano: Antón Fraguas.
Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía nórdica. Da man dos deuses acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "O xardín dos deuses".
Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos.
Os principais traballos realizados foron os seguintes:
Libro web na que compilamos todos os recursos.
Presentación sobre os nove mundos.
Gamificando as aprendizaxes e a comprensión lectora.
GALERÍA DE IMAXES
Grazas á JMA (Japan Meteorological Agency), obtivemos cumprida información sobre o tempo meteorolóxico en tres lugares do Xapón: Tokyo, Funabashi e Hokkaido.
Cada un deles ten que ver co proxecto sobre Yayoi Kusama e Xapón: Tokyo, capital do país e onde se atopa o seu museo; Hokkaido, onde se atopan grandes extensións de lavanda; Funabashi, atopamos alí o parque Hans Christian Andersen.
No audio que podedes escoitar, os alumn@s de 6º E.P. , dan as novas do tempo: Japan Weather News.
Tamén elaboramos un mapa en relevo no que se poden visualizar os meteoros que inciden nesos tres lugares.
Situamos as Weather News no Plan Proxecta, Programa Meteoescolas e complementan o PDI da área de plástica nas sección bilingües de 1º e 2º E.P.
No mes de maio o alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou un experimento divertido e emocionante que consistía en reproducir no aula unha erupción volcánica. Previamente pescudaron sobre a orixe dos volcáns e os seus diferentes tipos. Posteriormente, realizarón un volcán fixérono con materiais de refugallo reciclados e para facelo entrar en erupción empregaron vinagre e bicarbonato.
Simularon unha erupción volcánica aproveitando a evolución do gas (dióxido de carbono, CO2), que ten lugar na reacción ácido-base entre o vinagre e o bicarbonato.
Pasárono xenial ao tempo que reforzaron os contidos traballados neste tema.
No seguinte vídeo podedes observar todo o proceso seguido:
O días 23 e 30 de abril de 2019 a docente Dna. Almudena Alonso Ferreiro e o alumando de Grao de Educación Primaria realizaron dous obradoiros co alumnado de 6º curso de Educación Primaria centrados na robótica.
Con estas actividades iniciamos ao alumnado no mundo da robótica empregando os robots educativos para realizar actividades lúdicas que fomenten unha aprendizaxe significativa e colaborativa.
Con estas actividades estamos estimulando no noso alumnado o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel e favorecendo a adquisición das competencias clave.
A primeira sesión, realizada o día 23 de abril, centrouse no coñecemento dos robots e a súa funcionalidade Iniciárose na programacón para conseguir desprazar aos robots polos diferentes circuitos que eles mesmos diseñaron.
Na segunda das sesións realizadas neste obradoiro, o alumnado repasou e profundizou os seus coñecementos sobre xeometría a través da programación nos robots foi a realización de actividades xeométricas en papel continuo.
O 11 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de reciclaxe que se desenvolveu na biblioteca do noso centro baixo o título “Ti reciclas, Ourense gaña”.
Os obxectivos principais desta actividade perseguen que o alumnado entenda o medio como un ben común a todos os cidadáns e digno de protección e que contribúa á redución da emisión de gases o efecto invernadoiro e en especial, que axude a reducir a pegada ecolóxica, comezando dende o ambiente escolar.
A evolución social dos últimos decenios acadou un aumento da calidade de vida reflectido na mellora da hixiene, da sanidade, da alimentación, do benestar social,... sen embargo, estas aínda que positivas, traen asociados impactos ambientais importantes que temos que xestionar do mellor xeito posible para tratar de evitalos e para non alterar o medio ambiente no que vivimos. Un deses impactos é o aumento da xeración de residuos debido ao incremento do consumismo da poboación e do número de embalaxes que se empregan na comercialización de produtos ( papel, cartón, vidro, plásticos, metais,...) e polo emprego de envases de usar e tirar. Toda esta situación provocou un crecemento continuo no volume de refugallos xerados por habitante e día ata os 1,216 Kg/habitante rexistrados no ano 2009.
A organización Xarela deseñou para o CEIP Manuel Sueiro 2 talleres, un de igualdade de xénero e outro de interculturalidade, con tres sesións cada un deles.
O taller de igualdade realizados durante os meses de xaneiro e febreiro, centrado en que todos debemos ter as mesmas oportunidades e dereitos sen importar o sexo. Os obradoiros centráronse en eliminar estereotipos e prexuízos.
O taller de interculturalidade realizado durante os meses de febreiro e marzo, centrouse na sensibilización sobre a diversidade como un valor enriquecedor fomentando actitudes de respeecto, convivencia, emaptía,…a través de múltiples dinámicas.
O CEIP Manuel Sueiro está moi agradecido organización XARELA polo seu bo facer co noso alumnado.
Na galería de imaxes vos mostramos cales foron as dinámicas dos dous talleres.
Neste curso dotamos a biblioteca cun posto de acceso á información máis inclusivo na nosa biblioteca. Nel o alumnado dispón dun PC con pantalla interactiva e teclado accesible.
Asemade, dotamos a dito recanto dunha tableta que amplia as posiblidades de acceso á información e lectura dos seus usuarios.
Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a facer unha biblioteca máis inclusiva.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou na Hora de ler o poema, de Gustavo Adolfo Bécquer, titulado: "Amor eterno".
Finalmente, realizamos un croma coa recitaxe de dito poema.