Inclusión

Retos de Ed. Física

Retos de Ed. Física para realizar na casa durante o tempo que dure o confinamento por mor do covid-19.

Cada semana un reto!!

Anímate a participar e achéganos o teu vídeo a ceipmsueiro@gmail.com!!

Reto 7: Torre de papel

RETO 6

MIS PELUCHES

RETO 4: RETO DO PAPEL

RETO 2 " do pau" e RETO 3 "Sen mans"

RETO 1 DA ZAPATILLA

Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos.

RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.

Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración  e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.

Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:

CONCRETANDO O RETO:

  • Visionar o videoconto.
  • Facer un debuxo, vídeo, cómic, cartaz, historia... no que reflictades o voso estado de ánimo nestes días.
  • Achegádeo ao correo do cole ceipmsueiro@gmail.com para facer un vídeolibro cos vosos traballos.

Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.

PREME PARA VER O LIBRO DE CORES

 

Dobraxe na escola

O 10 de marzo o alumnado de 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Liceo de Ourense.

Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención.

A técnica de dobraxe fai que os nenos e nas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua.

Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe.

No vídeo de máis abaixo podedes observar o resultado do noso traballo.

Emocionario

Dentro do Programa de estimulación oral (PELO), levado a cabo dende a aula de audición e linguaxe cos alumnas e alumnas de Educación Infantil, destinouse durante este trimestre unha parte das sesións ás emocións.

Co fin de identificar, vivenciar, expresar e axudar a xestionar as diferentes emocións que poden vivir no seu día a día, realizáronse diferentes actividades:

  • Lectura dos libros “Las Emociones de nacho”  e “Como te sientes hoy?, para iniciar e identificar cada emoción, a súa xestualidade propia e que situacións que poden provocalas, quedando no recuncho das emocións para que os nenos e nenas podan manipulalos e ollar cando desexen.
  • Proxección do conto “El monstro de colores" do que se partiu para a posterior elaboración do emocionómetro, no que en cada sesión colocan a pinza co seu nome no monstro co que se identifica (alegría, tristeza, calma, amor, enfado, medo).
  • Un Emocionario onde cada neno e nena posou facendo as diferentes expresións e posteriormente colocamos no correspondente tarros das emocións.
  • Preguntar cales son as situacións diarias que lles provoca estas emocións, anotando as máis recorrentes e falar sobre elas.
  • Un libro individual do monstro de cores, que conten os debuxos que colorearon do monstro correspondente segundo a emoción traballada en cada sesión, a clasificación de situacións emocionais e unha montaxe cas fotos de expresións realizadas.

 

Semana do amor e amizade

Celebramos a semana da AMIZADE.

A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade.

Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. E sempre están aí cando lles necesitamos. Así que por que non celebrar o Día da Amizade na escola!!!.

No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade.

Grazas a todos e todas por este agasallo marabilloso.

Vémonos na próxima tolemia.

Un abrazo xigante.

 

Novo material audiovisual

Neste curso dotamos a biblioteca con catro postos novos de acceso a internet, polo que se ve aumentado o número de ordenadosres na biblioteca a 14.

Asemade, dotamos a dito recanto dunha pantalla e dun proxector.

Estas incorporacións foron posibles grazas aos orzamentos complementarios que nos facilitou a Asesoría de bibliotecas destinados a equipamento e material.

 

Xadrez: aprender a aprender

Desde a Concellería de Educación en colaboración coa Escola Xadrez – Club Liceo Academia Postal,  presentouse no noso centro un programa de xadrez, orientando as bases para socializar aos nenos e nenas e crear  vínculos de comunicación e amizade.

Este programa ten a seguridade dun futuro para o alumnado participante, que lles axudará a desenvolverse e mellorar  o seu rendemento escolar, como a súa mellor arma pedagóxica para aprender a aprender toda a súa vida.

Está previsto que esta actividade se desenvolva de 16:00 a 18:00 dous días pola semana (martes e mércores) na biblioteca do noso centro.

Verbateca

O 28 de outubro o alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria participou no proxecto Verbateca: Laboratorio de palabras no que, a través de xogos, o alumnado traballou aspectos tan importantes coma a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación, os coñecementos de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas, o traballo en equipo, a identidade cultural e lingüística… etc.

Repasaron palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, cores, natureza,… etc. Deste xeito, todos xuntos/as aprendemos a xogar en lingua galega!

Vídeoconferencia con Franza

COÑECÉMONOS!

Durante este curso o alumnado de 5º e 6º de primaria estivo a coñecer ao alumnado do CEIP Santiago Apóstolo de Franza, Mugardos.

O alumnado de ambolosdous centros escribironse diferentes cartas, nas que se presentaban e contaban as súas inquietudes, gustos e desexos.

Para rematar con esta bonita relación epistemolar, coñecémonos en persoa.

Fixemos unha conexión vía videoconferencia, desde a nosa biblioteca, para así selar a nosa amizade.

Foi un momento moi especial, o alumnado de Franza recitou dous interesantes contos, e o do colexio recitou tres poemas moi representativos da nosa lingua.

Foi todo un fin de festa!

Esperamos seguir relacionándonos para o próximo curso.

Kahoot! sobre Antón Fraguas

Una vez rematado o mes das Letras Galegas e as actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas,  O EDL do centro realizou un cuestionario de avaliación das aprendizaxes adquiridas a través dunha proba elaborada con Kahoot!.

O carácter gamificador, desta proba, axuda a realizar esta actividade final dun xeito máis lúdico e motivador para o alumnado.

Pasárono xenial!!

Distribuir contido