Skip to Content

1º Curso

Vialín

O 13 de maio, visitou o noso centro o obradoiro Vialín, autoescola para peques, foi unha divertida actividade sobre educación viaria da Concellería de Educación de Ourense, na que tivo o privilexio de participar o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria un ano.

Neste obradoiro  ensináronnos como cruzar os pasos de peóns, como comportarnos cando imos pola cidade, semáforos, sinais de tráfico...xogando a ser peóns, aprendemos a movernos pola cidade respectando os sinais e normas de tráfico.

Pasámolo xenial!!

O CEIP MANUEL SUEIRO RECIBE PERIÓDICOS DO MUNDO “EN GALEGO”

O día 3 de maio no noso cole, celebramos o Día Mundial da Liberdade de Prensa.

Dende o CEIP Manuel Sueiro queremos apoiar a independencia dos periodistas de todo o mundo.

O noso alumnado, para celebrar esta data, percorreron o mundo na procura de diferentes periódicos, estudando os diferentes formatos e novas.

Para rematar, modificamos esas partadas periodísticas, para reescribilas en galego e con novas positivas.

Obradoiro sobre as abellas

O 11 de maio apicultor José Bailón que tamén é profesor en Ourense, realizou na sala de usos múltiples do noso cole un obradoiro sobre a cría das abellas no que aprendemos moitas cousas sobre elas, sobre todo, a distinguilas das avespas, e sobre os produtos que nos ofrecen e os beneficios que aportan a nós e á natureza.

O obradoiro foi impartido de xeito moi práctico e puidemos ver como é unha colmea `por dentro, manipular con distintos aparellos que usan os apicultores e ver, realment,e como é a cera, o propolio, a mel, a xalea real…

Pasámolo xenial ao temo que aprendemos cousas novas!

Luuume, a contada. Encontro con Andrea Freire.

O venres 6 de maio achegouse ao noso centro Andrea Freire, a autora de Luuume!, ilustrado por Laura Miranda Moreno e publicado por Antela Editorial, para facer a contada da historia de Misto, que está sempre enfadado, e que previamente traballaramos no Club de lectura de cuarto de Ed. Primaria ao longo do mes de abril.

Misto, cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa.

Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar.

Despois da contada, Andrea realizou un obradoiro de relaxación mediante exercicios de respiración, ofrecéndolles aos rapaces ferramentas para o autocontrol.

Para finalizar, e en consonancia co PDI deste ano, fixeron ao protagonista do conto con materiais de aproveitamento.

Hora de ler de 1º de Ed. Primaria

No curso escolar 2021/2022, a hora de ler realizouse de luns a venres de 12:00 a 12:20, ao mesmo tempo que os demais cursos do cole.

Obxectivos

  • Desenvolver o proceso de lectura.
  • Descubrir o pracer da lectura e como fonte de ocio.
  • Crear un hábito de lectura.
  • Mellorar o nivel e velocidade lectora.
  • Comprender a idea principal dun texto.
  • Ampliar o vocabulario a través do proceso lector.
  • Coidar, conservar e organizar os libros.

Actividades

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Contacontos.

Temporalización

Na hora de ler, que se realizou todos os días  utilizáronse os seguintes libros:

1º trimestre
Galego

  • Naturizo

Castelán

  • Aprendo a leer (Anaya)- Empiezo a leer (Anaya)
  • La gallina Paulina
  • Filipo y Leo

2º trimestre
Galego

  • Naturizo: un cheiro picante.

Castelán

  • La bruja Patuja (Dylar ediciones)
  • ¿De qué color es un beso?
  • Vivan las uñas de colores

3º trimestre
Galego

  • Naturizo: o retorno das flores.

Castelán

  • Toc, toc, ábreme (Anaya)
  • Cuando las niñas vuelan alto.

En primeiro de Ed. Primaria, durante todo o curso, fomos recopilando todos os contos que lemos na Hora de ler no caderno "Meu libro da hora de ler". Nel escribimos e debuxamos o que mais nos chamou a atención de cada conto.

Ao final de curso, levarémolo para a nosa casa para ter un bo recordo de todo o que traballamos nesta actividade de fomento e animación da lectura.

Como conclusión, a formación do hábito lector. así como da lectura comprensiva, exixe, un traballo progresivo e continuado como o que se levou a cabo este curso. Tamén destacar a importancia desta hora de ler como momento de lecer e de desfrute dos libros e actividades propostas.

Abellas

O 27 de abril, o alumnado de 1º e de 2º de E.P. foron a Oira á aula da natureza a aprender moitas cousas sobre as abellas.

Foi unha xornada moi interesante xa que nos explicaron a diferencia entre abella, avespa e abellón, a súa anatomía, como viven, como se reproducen, a función dos zánganos, da raiña e das obreiras na colmea, como fan a mel e a cera; entre outras.

Tamén nos puxemos o traxe de apicultor@r, probamos o polen,  e fixemos unha candea que trouxemos para casa cun un pouco de mel para degustar.

Foi unha xornada moi didáctica e disfrutarona moito.

Apadriñamento lector

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia foi moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lle foron contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

Contacontos "Luuume" pola mestra María

A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela.

Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.

Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración.

No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca.

Obradoiro de saúde bucodental

O xoves 7 de abril realizamos no noso centro a actividade centrada na saúde bucodental.

A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e a segunda sesión para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

A charla foi levada a cabo por unha hixenista que nos ensinou, entre outras cousas, a cantidade de azucre que teñen os produtos e a importancia dun bo lavado de dentes. 

Saúde bucodental

Creando neve artificial

Os nenos e nenas de 1º como estábamos estudando os Polos da Terra creamos neve artificial.

Para realizaro Polo Norte empregamos bicarbonato sódico e un pouco de auga. Para o Polo Sur usamos cueiros de bebé aos que lle quitamos o polímero que teñen dentro e o mesturamos con auga.

Para completar o experimento, fixemos con pasta de modelar algúns dos  animais que habitan nestas zonas da Terra.

Distribuir contido


by Dr. Radut