Un ano máis, o Xoves de Comadres tocou despedir ao profesorado de prácticas que nos acompañaron desde comezo de curso no noso traballo escolar.
Foron moitas as bágoas que se derramaron no acto de despedida de Tamara, Pablo, Ana, Noelia e Clara que tivo lugar na sala de usos múltiples, tras entregarlle un exemplar do libro “Maestra de Pueblo…”, motivo polo cal se teñen que sentir moi satisfeitas xa que é o mellor indicativo de que deixan pegada no CEIP plurilingüe Manuel Sueiro.
Toda a comunidade educativa agradécelles o seu bo facer e a súa excelente disposición ao traballo cos nenos e nenas, e felicitámolas por todo o traballo desenvolvido neste período de tempo.
Esperamos e desexamos que todo lles vaia ben e que nun futuro próximo volvan ao centro como novas compañeiras do noso claustro.