O curso escolar 2023/2024, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo no que buscamos espertar e realzar o gusto e o pracer por ler.
A configuración da hora de ler estivo deseñada polas titoras Mª Dolores Nieto Merino e Iria Pérez Rodríguez, esta última só durante o primeiro trimestre, xunto a profesora de AL Natalia Castro Martínez, centrándonos nos seguintes obxectivos
Obxectivos:
- Crear hábitos de lectura saudable ao establecer rutinas regulares de lectura.
- Traballar as competencias clave, principalmente: Comunicación Lingüística, Aprender a aprender, Conciencia e expresións culturais e Social e cívica.
- Compartir as nosas lecturas con outras persoas.
- Potenciar a creatividade estimulando a imaxinación ao estar en contacto con distintos xéneros literarios e estilos narrativos.
- Promover a lectura como fonte de diversión e aprendizaxe.
- Mellorar a través da lectura, o vocabulario, a comprensión lectora e a expresión oral e escrita.
- Fomentar a empatía e a comprensión humana
- Coñecemento de persoas escritoras e obras literarias galegas.
- Fomentar o traballo en equipo a través da biblioteca escolar.
Actividades.
- Participamos no club de lectura a través de libros como Xela, Lume, descubramos o océano, etc.
- Fixemos uso dun caderno persoal de lecturas para rexistrar os libros lidos.
- Dramatizamos algún episodio do conto.
- Traballamos o vocabulario descoñecido creando un pequeno dicionario que quedou plasmado no caderno de lecturas.
- Actividades e xogos para coñecer o entroido galego a través dos “Bolechas”
- Colorear debuxos dos libros.
- Escoitar contacontos, actividades organizadas polo centro.
- Traballamos con revistas educativas analizando artigos para expoñelos aos seus compañeiros. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.
- Traballamos o teatro.
Temporalización.
Na hora de ler, que se realizou todos os días utilizáronse os seguintes libros:
1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
- REVISTAS: Caracola e Reportero Doc”
As revistas foron traballadas no mes de setembro do curso escolar 2023/2024, onde analizaron artigos para expoñelos aos seus compañeiros. Miraremos, asemade, como a mesma noticia pode ser interpretada de diferentes xeitos dependendo da persoa que a lea.
- LIBRO 1º: “Luuuume”
O libro foi traballado nos meses de outubro onde nos centramos na xestión das emocións, prestando especial atención á ira.
- LIBRO 2º: “Sabela e os zocos máxicos” .
Seguindo no mesmo mes, neste libro rexistramos o vocabulario galego descoñecido a través da historia dunha nena no rural.
- LIBRO 3ª: “O cazo de Lorenzo”
Durante o mes de Outubro e Novembro do curso escolar 2023/2024, este libro tiña o foco en tratar a diversidade.
- LIBRO 4º: Libros de temática relacionados co nadal. Cada neno puido escoller un libro da exposición que se puxo na Biblioteca relacionada con esta festividade,
2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
- LIBRO 1º: “Mercedes quiere ser bombera”
O libro foi traballado no mes de Xaneiro. A temática principal é a igualdade de xénero. Este libro deu moito para reflexión e debate sobre a situación de xénero na actualidade.
- LIBRO 2º: “Pregunta a Dra Peteiro sobre o tempo”
O libro foi lido nos meses de Xaneiro e Febreiro. Con este libro traballamos conceptos do tempo xa que este tema está ligado ao noso PDI “Acción polo Clima”
- LIBRO 3ª: “Descubramos o océano”. Como este ano se conmemora o “ano do cómic”, durante os meses de febreiro e marzo traballamos o coidado dos océanos a través dun cómic.
- LIBRO 4º: “Os bolechas no entroido”. A través do caderno que ten este libro, os nenos aprenderon sobre o entroido e as súas peculiaridades.
- POEMA DE ROSALÍA: “miña casiña, meu lar” pola conmemoración do día de Rosalía analizamos este poema como parte dunha actividade organizada a nivel de centro.
3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
- LIBRO 1º: “XELA”. Este libro foi lido en Abril. Deseñamos un caderno de actividades onde os nenos facían comprensión lectora xunto con xogos onde o alumnado coñeceu o nome de animais da fauna típica galega. Ao rematar, tivemos o privilexio de ter como invitada a autora do libro representándonos o conto e firmando aos seus cadernos.
- LIBRO 2º: “Te necesitamos” Un libro que trata o tema dos animais en perigo de extinción. Ao igual que o libro da Dra Peteiro, que mencionamos anteriormente, este libro está ligado a temática do noso PDI.
- LIBRO 3º: “Quen me quere adoptar?” O mes de maio comezamos lendo este libro coa finalidade de enganchar aos nenos na lectura a través dun divertido relato corto.
- LIBRO 4º: “Estrela...fugaz?” Seguindo no mes de maio e como aínda non traballáramos nada de teatro, escollemos esta obra para enganchalos a outro estilo de libro onde cada neno poderíamos practicar a dramatización.
- REVISTAS: Caracola e Reportero Doc”
As revistas foron de novo traballadas no mes de maio e xuño, onde analizaron artigos para volver a traballar a selección, concreción e exposición oral.