Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

DÍA DA PAZ

00/00/
Array

O próximo día 28 de Xaneiro o alumnado e o profesorado do colexio celebraremos o DÍA DA PAZ. O lema deste ano é “VIAXANDO EN PAZ POLOS 5 CONTINENTES”.
HORARIO:
De 9.30 a 12.15 h. teremos o horario de clase habitual.
De 12.15 a 12.45 h: recreo.
Ás 12.50h. (no patio ou no polideportivo) realizarase a conmemoración do acto:
                       *Lectura das frases “Eu son pacifista
                         porque...”.
                       *Bailaremos as Danzas e nesta orde:
                             - Danza de los siete saltos, 5º e 6º
                             - Chino del alma,  1º e 2º
                             - Sambalele,  4º
                             - Pata Pata,  3º
                             - Epo,   E.Infantil
                       *Cantaremos a canción “Amigos del 
                         corazón” de la serie Patito Feo.
                       *Despois  proxectarase o video  “La fuerza
                         de un abrazo” no salón de actos.

Ademais, o próximo mércores 26 ás 10.30h, e no salón de actos, terá lugar unha charla-coloquio co presidente da Cociña Económica de Ferrol ( Institución Benéfica á que este ano vai destinada a cuestación anónima) Antonio Tostada, para os alumnos/as do 2º e 3º ciclo.                      

                           FELIZ DÍA DA PAZ

Visita didáctica aos museos coruñeses

00/00/
Array

O mércores 19 de xaneiro o alumnado do segundo ciclo (3º e 4º ) participarán nunha saída didáctica para coñecer os museos de A Coruña.

Data: 19 de xaneiro de 2011

Hora de saída: 8:30 desde as distintas paradas da estrada xeral.

Hora de chegada: sobre as 18:30 nas mesmas paradas.

Programa: Visita ao acuario, Domus e Casa das Ciencias.

VISITA AO BELÉN

00/00/
Array

O vindeiro luns, día 20 de decembro, os alumnos/as de Educación Infantil desprazaranse ao centro da vila para visitar o BELÉN instalado na parroquia de San Bartolomé. A saída efectuarase ás 9:45 horas e durará aproximadamente unha hora e media.

SAÍDA ALUMNOS/AS 5º E. PRIMARIA

00/00/
Array

O venres, 18 de xuño, o alumnado de quinto curso participará nunha
marcha pola contorna da Serra da Capelada, en compañía do técnico
municipal Pepe Riola.

Obxectivo:

Coñecer restos arqueolóxicos, características botánicas e a etnográficas da zona.

Saída: 10:00.

Regreso: antes das 14:30

ACTIVIDADES FIN DE CURSO E. INFANTIL

00/00/
Array

O venres 18 de xuño, faremos unha pequena festa de despedida cos nenos, nas aulas correspondentes, e entregaránselles os traballos e os boletíns do trimestre.

O FESTIVAL de FIN DE CURSO, terá lugar o luns 21 de xuño e o horario será de 11:00 a 13:00h. aprox. As actuacións que van ter lugar, serán na seguinte orde:

  • 3 anos: Cancións “Chu-chu-wa” e “Head, Shoulders, knees, Toes”.
  • 4 anos A: dramatización “O golfiño famento”.
  • 5 anos A: teatro “A Bela durminte”.
  • 4 anos B: dramatización “O paxaro de lume”.
  • 5 anos B: teatro “Os músicos de Bremen”.

O martes 22, terá lugar a Festa de Graduación dos nenos e nenas que este curso rematan a Ed. Infantil. Será ás 11:00h. con unha duración aproximada dunha hora.

MAXIA

00/00/
Array

Mañá, martes 15 de xuño, ás 12:45 os alumnos/as de E. Infantil e E. Primaria asistirán ao espectáculo MAXIA LEDICIA no Auditorio Municipal. A duración aproximada será dunha hora.

Distribuir contido