Complementarias
VISITA DOS REIS MAGOS
Enviado por Anónimo o Ven, 2009-12-18 12:04O vindeiro LUNS, 21 DE DECEMBRO agardamos a visita dos "Reis Magos de Oriente" que pasarán a saudar aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de E. Primaria do Colexio de Cariño.
Darémoslles a benvida sobre as 12:45 horas, sempre que a neve e outras condicións meteorolóxicas non entorpezan a súa viaxe.
REPRESENTACIÓN DE TEATRO
Enviado por Anónimo o Ven, 2009-10-02 09:29MÉRCORES 14 DE OUTUBRO
No Auditorio Municipal de Cariño os alumnos/as do Centro asisitirán á representación da obra teatral:
RATA LINDA DE COMPOSTELA
da Compañía "CASA HAMLET" de Manuel Lorenzo, segundo o seguinte horario:
10:30 horas: E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria
12:00 horas: 2º e 3º ciclo de E. Primaria
Marcha pola Serra da Capela
Enviado por Fran Macias o Mar, 2009-06-16 11:03
O mércores 17 de xuño o alumnado de quinto curso participará nunha marcha pola contorna da Serra da Capelada, en compañía do técnico municipal Pepe Riola.
Obxectivo:
Coñecer restos arqueolóxicos, características botánicas e a etnográficas da zona.
Saída: 10:00.
Regreso: antes das 14:30
CONCERTO DIDÁCTICO
Enviado por Anónimo o Dom, 2009-06-14 09:06
|
O vindeiro martes, día 16 de xuño, ás 12:00 horas no Auditorio da Biblioteca Municipal asistirán todos os alumnos/as do centro a un concerto interpretado polo trío SON+D2.
|
A duración aproximada da actuación é de 80 minutos e o programa é o seguinte: |
|
Co seu pequeno formato (percusión, guitarra e voz) o trío (composto por tres músicos profesionais que tamén son docentes de música) propón un concerto didáctico para achegar a riqueza musical intercultural á mocidade. Mostrarán aos rapaces e rapazas, dun xeito teatral e divertido, os diferentes instrumentos contando a súa historia particular (pandeireta, tamboril, guitarra, tumbadoras, bongós, caixón flamenco, derbouka, cascabeis, ...) Falarán tamén dos diferentes estilos musicais que existen no mundo (tradicionais galegos: muiñeira, jota... latinos: guagancó, samba, bolero, bossa-nova... africanos: matsum, e outros como hip-hop, jazz, blues, etc...) Son D2 propoñen unha viaxe lúdico-musical que rematarán facendo un grupo co público e improvisando, en clave de hip-hop, algunha canción en directo coa participación activa dos rapaces enriba do escenario nun esectáculo para nenos de tódalas idades. |
VISITA Á PRAIA - E. INFANTIL
Enviado por Anónimo o Mar, 2009-06-09 13:22En E. Infantil, neste 3º trimestre estamos a traballar a unidade didáctica: "AS PRAIAS DO CONTORNO".
Con este motivo, o XOVES DÍA 11 pola mañá, imos facer unha visita ás praias da Basteira e da Concha para realizar diversas actividades.
Os nenos/as deberán vir provistos de roupa e calzado axeitados, pero sen bañadores.
DÍA DA ÁRBORE - 29 DE MAIO
Enviado por Anónimo o Mér, 2009-05-27 12:20
A actividade consiste na repoboación dun monte veciñal na Serra da Capelada.
Trátase de motivar aos nenos no coidado da natureza facéndolles ver a importancia que ten a reposición das árbores cando se realizan as talas, para que a súa función como pulmóns do planeta non se vexa mermada.
Fabricáronse unhas gorras cun lema seleccionado entre todo o alumnado que lucirán o día da celebración.
- Primeiro accederemos ao Colexio e, sobre as 9:45 irá saíndo a primeira expedición.
- No monte estará a cuadrilla de Medio Ambiente, que dará as indicacións oportunas para a plantación.
- Os grupos de 4º, 5º e 6º baixarán a pé ata o colexio. Serán os primeiros en agruparse para a marcha e farano sobre as 14:50 horas. O resto dos grupos irán a pé ata a parada do autobús (cruce da Zarza) para baixar sobre as 15:30. Unha vez no Colexio agardarán á saída dos autobuses (ás 16:30).
Se queres ollar as fotos da xornada, preme na imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- seguinte ›
- última »