Escolares
A MAZÁ DE CARIÑO
Enviado por maria o Xov, 2018-11-01 18:30Por segundo ano consecutivo, durante a vindeira semana, imos celebrar "A exaltación e promoción da mazá de Cariño" coa realización de diferentes actividades.
O mércores 7 e o xoves 8, contando coa colaboración da ANPA, degustaremos diferentes variedades de mazás e empanada de mazá elaborada con esta froita.
Grazas aos anfitrións e bo proveito!!!
I CONCURSO DE COMIDAS TERRORÍFICAS
Enviado por maria o Xov, 2018-11-01 18:10Aquí temos aos gañadores!!!
Máis terrorífica: "O CEREBRO" Autora: Sara Armada Altesor - 6º A |
Máis terrorificamente saborosa: "A ARAÑA" Autor: Jesús Balado Aneiros - 1º A |
Parabéns Sara e Jesús!
Todos/as os/as participantes merecíades o premio á orixinalidade!
Grazas a todos/as por participar!!!
DÍA NON LECTIVO
Enviado por maria o Sáb, 2018-05-12 18:11O Consello Escolar, atendendo á Orde do calendario escolar para o curso 2017/2018, elixiu como día non lectivo o 18 de maio, polo que non haberá clase. O alumnado reincorporarase ao centro o luns, 21 de maio de 2018.
FIN DE CURSO
Enviado por maria o Sáb, 2018-05-12 17:49Remata o curso escolar 2017/2018.
Desexámosvos que pasedes unhas felices vacacións.
Vémonos en setembro!
Día Internacional dos Bosques
Enviado por Fran Macias o Xov, 2018-03-22 20:23Esta semana celebramos o Día Internacional dos Bosques con dúas actividades de reforestación:
O mércores 21 de marzo participamos nunha plantación de árbores organizada pola Consellería de Medio Ambiente no concello de Cedeira. Asistiron as alumnas e alumnos de cuarto, quinto e sexto de E. Primaria.
O xoves 22 de marzo acudimos á invitación dos responsables da canteira de Landoi para coñecer os traballos de reforestación e recuperación do manto vexetal desta explotación mineira. Participou o alumnado de quinto e sexto de E. Primaria.
Podes ver máis fotografías das actividades na nosa galería de imaxes.
NADAL 2017
Enviado por maria o Mar, 2017-12-26 20:49Un ano máis, e como xa é tradición, celebramos o Nadal no noso cole: decoramos unha Árbore Solidaria con bonecos de peluche que donou a comunidade educativa para agasallar aos máis desfavorecidos, montamos un Belén feito con material reciclado, xogamos ao amigo invisible con orixinais postais elaboradas por todos/as nós e, para ledicia de pequenos e maiores, recibimos a visita dos Reis Magos que nos adiantaron un pequeno agasallo.
Preme na imaxe para ver máis fotos do Nadal.
BO NADAL E FELIZ 2018!