Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Escolares

SEMANA STEM

00/00/
Array

Dende o domingo 29 de outubro ata o sábado 4 de novembro o alumnado de 5º de Educación Primaria está a participar na actividade formativa "Semana STEM" que se celebra nas instalacións CEMAR de Mondariz-Balneario. Durante o transcurso do campamento o alumnado vai realizar actividades de ciencia, biotecnoloxía, electrónica, soldadura, programación, deseño, impresión 3D e robótica. Esta actividade pretende proporcionar ao alumnado un escenario propicio para impulsar as coñecidas como vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e aumentar o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na Tecnoloxía.

Divertídevos coa ciencia!!!

 

 

Experiencias de robótica

00/00/
Array

O mércores 25 de outubro participaremos nun evento sobre robótica organizado pola Consellería de Educación na Cidade da Cultura (Edificio CINC , auditorio 1 e Sala de Convencións) de Santiago de Compostela.

logo robótica no colexio

Os nenos e nenas do colexio exporán varios proxectos con robots.

 

Preme para ver as fotos do evento.

A MAZÁ DE CARIÑO

00/00/
Array
Durante estes días imos levar a cabo unha serie de actividades para coñecer as distintas variedades de mazás do noso pobo: ficha técnica, receitas, exposicións, degustación...

Por xentileza da ANPA, o mércores, día 25, imos repartir mazás entre o alumnado e o xoves, día 26, un anaco de pastel de mazá.

Esperamos que disfrutedes coas actividades!!!

 

SUSPENSIÓN CONCERTO ALVIES

00/00/
Array

Por causa de forza maior suspéndese o concerto de ALVIES que os alumnos/as de 6º de Educación Primaria tiñan programado para o vindeiro venres, 25 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal.

Desculpen as molestias.

Feliz aninovo

00/00/
Array

A nosa felicitación de aninovo

 

FELIZ 2013

DIXITAL

 

ANALÓXICO

Por orde de aparición: Ainhoa, Marco, María , Jose Manuel, Nuria, Nicolás, Aida, Manuel e Sandra.
Banda sonora: Alba.
Distribuir contido