Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Curso 2015-2016

Xornal escolar. Maio 2016

00/00/
Array

Número de maio de 2016 do noso xornal escolar "O Espigonciño".

 

imaxe da portada do xornal

Preme para ver en formato PDF, ábrese nunha xanela nova.

DIVERMAXIA: A ILLA DOS NENOS

00/00/
Array

O vindeiro xoves, 19 de maio, ás 11:00 horas, no Auditorio Municipal, o alumnado de Educación Primaria, disfrutará da función de Divermaxia "A illa dos nenos", na que o mago Paco sorprenderá cun espectáculo no que mestura maxia, humor e tradición oral.

Desexamos que disfrutedes coa súa actuación!!!

MAGÍN BLANCO: LIBROS EN-CANTADOS

00/00/
Array

O vindeiro xoves, 21 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio Municipal, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria cantará e disfrutará con Magín Blanco e o seu espectáculo "Libros En-cantados".

 

 

ENTROIDO 2016: O ENTENDEMENTO MUNDIAL

00/00/
Array

A semana do 1 ao 5 de febreiro... celebramos o Entroido!!!

De luns a xoves imos facer unha adaptación dos tradicionais mandados do Meco, pero cunha pequena historia que fai referencia  ao tema escollido este ano e que ten como protagonista a Carirraciñas, unha meiguiña moi boa e especial.

O desfile está programado para o venres, 5 de febreiro, ás 11:00 horas polo Paseo Marítimo. Se as condicións meteorolóxicas  non o permiten,  celebrarémolo no Polideportivo Municipal.

Non faltedes! Esperámosvos!

Gifs Animados Carnaval (17)

Se premes na imaxe poderás ollar algunhas fotos do desfile.

Grazas a todos/as pola vosa participación!!!

Día da Paz e Non Violencia Escolar

00/00/
Array

A celebración do Día da Paz e Non Violencia Escolar é unha oportunidade marabillosa para concienciar aos nenos/as sobre o valor desta meta que, a sociedade mundial, aínda non conseguiu acadar.

Durante toda a semana realizáronse nas titorías actividades arredor da temática "Entendemento Mundial" e levouse a cabo unha cuestación anónima a prol da ONG "Entre Culturas".

O venres, 29 de xaneiro, concluiremos esta celebración cos seguintes actos:

  • 12:45 horas: cortos sobre a Paz no salón de actos.
  • 13:00 horas: escenificación de Danzas do Mundo.
  • 13:45 horas: canción "Amiguiños todos".
Distribuir contido