Secretaría
RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO MARIOLA SOLIDARIA
Enviado por deli o Mar, 2024-09-24 12:14Outro ano máis imos colaborar con Mariola Solidaria( www.csmariola.com) unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2024 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.
Podedes deixar as bolsas coa roupa e calzado no salón Manuel Murguía (salón de Actos do cole) desde o xoves 26 de setembro ata o 2 de outubro, xa que o día 3 recollen cedo, xa non se poderán deixar máis bolsas.
Moitas grazas.
ENTRADAS-SAÍDAS 11 DE SETEMBRO DE 2024.
Enviado por deli o Mar, 2024-09-10 12:28Entrada Educación Infantil 4º de EI- entrarán segundo establecido no período de adaptación. 5º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que de acceso ás aulas de
EI, onde estará agardando a súa titora. 6º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de
EI, onde estará agardando a súa titora. Educación Primaria O alumnado de Educación Primaria poderá entrar no recinto ás 9:25, momento en que se abrirá o portalón. Os nenos/as entrarán ata a
porta principal do cole onde serán recibidos polos seus titores/as que os acompañarán ata as súas respectivas aulas. Se veñen coas
mochilas cargadas de libros serán os mestres especialistas os que se encarguen de facelas chegar ás clases. Saída Educación Infantil 4º EI- sairán segundo o establecido no período de adaptación. 5º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. 6º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. Educación Primaria O alumnado de EP sairá ás 14:30 pola porta principal se é recollido polas familias que agardarán no exterior do recinto escolar, e polo patio cuberto se
é usuario de transporte. No caso de que algún/ha alumno/a transportado teña que ser recollido pola familia, esta deberá facelo esperando fóra do recinto onde estacionan os
autobuses. Neste caso debe comunicarse ao titor/a. IMPORTANTE: o transporte funcionará no horario habitual. O alumnado transportado, tanto de EI como EP, será atendido polo profesorado dende o momento que chegue
ao centro.
Un saúdo e feliz comezo de curso.
O Equipo Directivo
BENVIDO
Enviado por deli o Mar, 2024-09-10 11:54BENVIDA: LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2024
”Mañá da comenzo o novo curso para os/as nosos/as nenos/as, e os/as mestres e mestras do cole de Cariño estamos desexando recibilos para poñer todo o
noso corazónna súaeducación. Estamos preparando todo con moito agarimo, entusiasmo e ilusión, e como dicimos sempre, para poder camiñar, gozar, ensinar e
seguir aprendendoxuntos.
Tamén desexamos dar a benvida ao resto da Comunidade Educativa a que convidamos a participar dun xeito activo nesta novo curso. Aquí estamos para seguir
avanzando, para axudar e facilitar as cousas sempre sen descoidar o noso compromiso co noso alumnado que é, en definitiva, o noso centro de interés, e por
quen e para quen debemos traballar conmotivación, buscando o mellor xeito de chegar a el. O que máis desexamos é que os/as nosos/as nenos/as sexan felices
aprendendo, que despreguen a súa creatividade a súa imaxinación, e que sexan quen de expresar as súas emocións e que sigan adquirindo aprendizaxes. En
definitiva, que continúen desenrolando todo o potencial que posúen, aquí,neste lugar, onde ademais pretendemos que aprendan a aceptar, a incluir e a integrar
as diferenzas. E remato coma sempre, un lugar onde Eles e Elas son os/as PROTAGONISTAS".
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por Jesusorizales o Lun, 2024-06-24 13:38FONDOLIBROS 2024
Enviado por Jesusorizales o Mar, 2024-05-21 09:17Prazo para a presentación de solicitudes: 21/05/2024 ao 21/06/2024.
A solicitude farase a través do modeo que se recollerá na conserxería ou secretaría do centro ou neste enlace:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://wwwedu.xunta.gal/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento ED330B (usando chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión).
Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro.
Axuda para libros:
- 0 alumnado de 1° e 2° de Educación Primaria terá dereito á adquisición de vales para a compra de libros. 0 importe será o seguinte:
160 € para as rendas per cápita superiores a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €
240 € para as rendas igual ou inferior a 6.000 €.
- 0 alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% terá dereito a vales para a compra de libros por importe de 300 € con independencia da renda.
- 0 alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda.
- 0 alumnado de 3° e 4° de Educación Primaria terá dereito a axuda do fondo solidario de libros do propio centro. Teñen preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou > 65 (con idependencia da renda obterán 6 libros). 0 resto de alumnado irá por orde inversa (de menor a maior importe) á renda per cápita da unidade familiar. Renda igual ou inferior a 6.000 € (6 libros), renda entre 6.000 e 10.000 e (4 libros).
- 0 alumnado de Necesidades especifícas de apoio educativo (matriculado en 3°, 4°, 5° e 6º de Educación Primaria) terá dereito a vales para a compra de libros por importe de:
160 € (renda per cápita superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 €)
240 € (renda igual ou inferior a 6.000€)
Axuda para material escolar:
Terá dereito o alumnado matriculado en educación primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. Os importes serán os seguintes:
Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior a 10.000€: | 60 € |
Renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€: | 75 € |
Alumnado de educación especial, tutelado pola Xunta ou con discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da renda: |
75 € |
Cálculo da Renda Familiar per cápita:
- A referencia será o exercicio fiscal de 2022 (renda presentada no ano 2023).
- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas fisicas. Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022 o importe é o resultado de sumar as celdas número 435 (base impoñible xeral) + 460 (base impoñible do aforro) e dividir polo número de membros da unidade familiar.
- Os membros da unidade familiar que teñan discapacidade igual ou superior ao 33% ou percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas computarán por 2 no cálculo da unidade familiar.
- Nos casos de violencia de xenero non se teran en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per capita da unidade familiar.
Cómputo da unidade familiar: forman parte da unidade familiar a 31 de decembro de 2022 (salvo violencia de xénero ou separación posterior con sentenza e custodia a un proxenitor) os seguintes:
- Os pais non separados nin divorciados, ou no seu caso titor ou titores do alumnado
- Os/as fillos/as menores de idade (salvo os emancipados)
- Os/as fillos/as maiores de idade pero discapacitados ou incapacitados xudicialmente
- Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar
- Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unidade familiar cos fillos que teñan en común
- A persoa (pai ou nai) que teña outra parella (e conviva con ela) formará unidade familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a (salvo custodia compartida)
- Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar será a constituída polo pai, nai e descendentes (segundo os apartados anteriores)
Documentación:
- Solicitude asinada (Anexo I) e Anexo II (comprobación de datos)
- Copia do Iibro de familia ( en casos excepcionais o certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou equivalente do concello)
- De ser o caso e estar nalgún dos seguintes supostos deberán xustificalo coa documentación correspondente :
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador
- Certificado grao discapacidade por órgano distinto da Xunta de Galicia
- Violencia de xénero, resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada e resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela
Quedarán excluídos das axudas aqueles alumgs que non devolvan os libros adquiridos coas axudas no curso 2023/24 (0 prazo é ata o 21 de xuño) e os que superen os límites de renda
0 alumnado de 6° de Ed. Primaria que pasa para o Instituto presentará alí a solicitude (cando o fagan de forma presencial)
NOTA IMPORTANTE: No momento de entrega de vales, éstes só se entregarán aos asinantes da solicitude correspondente.