Secretaría
ANA E ROCÍO, REDEIRAS DE CARIÑO
Enviado por deli o Lun, 2022-11-28 17:13O pasado venres 25 de novembre, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP recibiron a visita de dúas redeiras de Cariño: Ana e Rocío, que con paciencia e tesón ensináronlles aos nosos nenos/as a arte das redes. Resultou do máis atractivo e motivador para estes nenos/as que se amosaron entusiastas e con gañas de aprender en todo momento. Dámoslles as GRAZAS a estas dúas persoas por ofrecerno e darnos a oportunidade de achegarnos un pouco máis a este oficio que está repuntando no noso pobo e é fundamental para a pesca, sustento de moitas familias do noso entorno.
GRAZAS ANA
GRAZAS ROCÍO
QUE TRABALLO TAN CURIOSO DE CIDADE CIENCIA
Enviado por deli o Mar, 2022-11-22 14:47Hoxe os nenos/as de EP foron a Casa da Cultura a gozar dun espectáculo que nos ofreceu o Concello de "Cidade Ciencia", titulado "Que traballo tan curioso" onde a científica Luisa, membro de CSIC, que explicou a importancia da hixiene persoal dun xeito lúdico e divertido.
24 DE OUTUBRO-DÍA DAS BIBLIOTECAS-XORNADA DE XOGOS DEMESA
Enviado por deli o Lun, 2022-11-21 14:53Este ano para celebrar o Día das Bibliotecas eleximos unhas Xornadas de Xogos de Mesa na nosa biblioteca:"Luscofusco, A Casiña dos Libros". Todos os niveis de EI e EP pasaron pola biblioteca a gozar de xogos de mesa, pasando por todos os xogos do circuito que resultaron súper atractivos e motivadores para o noso alumnado. Todos/as gozamos da xornada polo que coidamos que foi un acerto enfocar este día con esta actividade.
Aquí vos deixamos un video que recolle diferentes momentos desta actividade. Esperamos que vos guste
DECORADOS SAMAÍN/HALOWEEN 22
Enviado por deli o Ven, 2022-11-04 14:56Este ano, para decorar os nosos corredores de Samaín /Halloweén eliximos "Pobos de Samaín", onde aparecían pantasmas , bruxas/witches, morcegos/bats , casas encantadas/ haunted houses, ....e moitas cousas terroríficas. Coma sempre foi un tempo de festa e traballo onde o alumnado gozou facendo, decorando, participando e disfrazándose. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
ELECCIÓNS PARCIAIS AO CONSELLO ESCOLAR 22
Enviado por deli o Ven, 2022-10-28 19:11
Ola Familias, como xa sabedes, a consecuencia dos paros da Pandemia, este curso volvemos a ter Eleccións ao Consello Escolar por segundo ano consecutivo.
Aínda que iremos publicando algúns dos documentos deste proceso de elección gustariame recordarvos que:
- está o censo dos representantes do alumnado no taboeiro de anuncios da entrada ao cole para calquera posible reclamación.
-o período de reclamacións ao censo é ata o 17 de novembro.
- o prazo de presentación de candidaturas vai do 11 ao 18 de novembro (ambos incluidos).Anímosvos a que vos apuntedes a participar na vida escolar!!!
- As votacións para todos os sectores serán o 29 de novembro.(Recordade que tanto pais como nais tedes dereito a votar. Esperámosvos a todos /as, é importante que veñades a votar!!!)
Saúdos
1. CIRCULAR INFORMATIVA PAIS /NAIS /TITORES LEGAIS ELECCIÓNAS PARCIAIS CONSELLO ESCOLAR
MIL GRAZAS EVA
Enviado por deli o Ven, 2022-10-28 19:01
Hoxe Eva, antigua propietaria de Cadena 100, fixo unha fantástica doazón de disfraces e complementos para os nosos nenos/as. A nós como colexio non nos pode vir mellor todo este material, xa que estamos ideando e organizando uns recunchos de xogo simbólico a través dos disfraces, que estarán situados tanto na biblioteca como no espazo "Como me gusta Argallar". Ademais, este ano, con motivo desta acción de Eva, os/as nenos/as que participaron no concurso de cabazas de Samaín poideron levar un agasallo elexido entre as cousas que ela nos trouxo.
Queremos deixar constancia do agradecemento a esta persoa, que de xeito altruista pensou no noso alumnado como beneficiario deste magnifico agasallo, que lles servirá para seguir desenrolándose e aprendendo a través do xogo.
MIL GRAZAS EVA NO NOME DOS/AS NENOS/AS!!!
Aquí tedes algunhas fotos de cousas doadas:
.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »