Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

ANA E ROCÍO, REDEIRAS DE CARIÑO

28/11/2022 16:44
Europe/Madrid

O pasado venres 25 de novembre, o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP recibiron a visita de dúas redeiras de Cariño: Ana e Rocío, que con paciencia e tesón ensináronlles aos nosos nenos/as a arte das redes. Resultou do máis atractivo e motivador para estes nenos/as que se amosaron entusiastas e con gañas de aprender en todo momento. Dámoslles as GRAZAS a estas dúas persoas por ofrecerno e darnos a oportunidade de achegarnos un pouco máis a este oficio que está repuntando no noso pobo e é fundamental para a pesca, sustento de moitas familias do noso entorno.

GRAZAS ANA 

GRAZAS ROCÍO

 

                                                         

AdxuntoTamaño
VISITA DE ANA E ROCÍO, REDEIRAS DE CARIÑO (1).mp488.69 MB