Complementarias
Caderno de campo
Enviado por Auri Vila o Mar, 2024-06-11 17:01O alumnado de 5º B de primaria desevolveu un traballo sobre o estudo da contorna natural do colexio. Este traballo foi presentado ao concurso Caderno de Campo do programa prensa - escuela de La Voz de Galicia.
Carreira campo a través
Enviado por Fran Macias o Mér, 2020-01-29 17:19
Atención: Esta actividade aprázase para o luns 3 de febreiro, se a choiva o permite.
O vindeiro 31 de xaneiro de 2020 participaremos nunha proba de "Campo a través" que se celebrará en Atios, Valdoviño, preto do campo de fútbol.
Hora de saída: 9:30 desde o colexio.
Hora de regreso: 13:30 ao colexio.
Participantes: equipos de 2º,3º,4º,5º e 6º.
As persoas participantes deberán levar roupa e calzado deportivo. Tamén recomendamos levar unha camiseta e calcetíns para cambiarse.
Festival das danzas tradicionais do mundo.
Enviado por Fran Macias o Lun, 2020-01-27 10:12Con motivo da conmemoración do día escolar pola Paz celebramos o noso XIX Festival das danzas tradicionais do mundo.
Unha das mellores formas de respecto entre as persoas é coñecer as súas tradicións.
O alumnado bailará danzas tradicionais de diferentes países.
Cores para as danzas:
4ºInfantil: Branco , 5ºInfantil:Laranxa, 6ºInfantil:Vermello, 1ºA:Blanco, 2ºA:Negro, 3ºA:Cadros, 4ºA:Azul, 5º:Vermello ou negro, 6ºA:Azul ou Branco.
[ Fotografías do acto na nosa galería de imaxes ]
Cariño solidario 2020
Enviado por Fran Macias o Ven, 2020-01-24 09:31Cuestación anónima para a recollida de fondos para unha causa benéfica.
Este ano colaboraremos con UNICEF nun reto para enviar 1.000 doses de vacinas a nenas e nenos en situación de risco.
Por cada 75 céntimos enviamos un kit de vacinación para polio, sarampión e tuberculose.
Coa túa axuda podemos alcanzar o reto !!
Durante a semana do 26 ao 31 de xaneiro poderanse entregar os sobres coa doación anónima.
Todos os días veremos os resultados no noso termómetro solidario.
Colabora connosco na cuestación anónima que levamos realizando no colexio con motivo do Día escolar para a Paz desde 1993. 27 anos de solidariedade!!!!
Día 5 de febreiro: 1.103 kits de vacinación.
Reto conseguido e superado !!!!
Moitísimas grazas a todas e todos pola vosa aportación.
Recadación total a 5 de febreiro de 2020: 807,68 euros
Preme na imaxe para ver o documento en formato PDF.
Belén 2019
Enviado por Jesusorizales o Sáb, 2019-12-21 20:02Como é habitual este ano tamén contamos cun Belén que se expón á entrada do centro. Podedes botarlle un vistazo no seguinte video.
Xornal escolar decembro 2019
Enviado por Fran Macias o Xov, 2019-12-19 00:00Xa publicamos o número 74 do noso xornal escolar "O Espigonciño".
Está feito coas aportacións das nenas e nenos do colexio de Cariño.