Complementarias
Ponte las pilas y recicla
Enviado por Fran Macias o Lun, 2019-10-28 09:34O día 29 de outubro de 2019 , ás catro da tarde na Casa da Cultura (Auditorio Municipal de Cariño), celebrarase un acto de entrega do primeiro premio ao Clube do Mar Cariño pola súa campaña de conservación do medio natural.
Participará no acto a dobre medallista olímpica de vela Theresa Zabell.
Ás 17:00 comenzará un obradoiro de sostenibilidade.
Estades todas e todos invitados.
Máis información: https://clubdomarcarino.es/
Imaxe propiedade do Clube do Mar Cariño, extraía do seu sitio web.
Celebramos a Semana de Exaltación da Mazá de Cariño
Enviado por Jesusorizales o Mar, 2019-10-22 13:20Esta semana celebramos a Exaltación da Mazá de Cariño.
Con tal motivo a ANPA "A BASTEIRA" convídanos a merendar hoxe é mañá con mazás e torta de mazá. O mércores, ademáis, faremos xogos populares coas mazás.
GRAZAS POLA INVITACIÓN!
|
|
Xogando na auga 2019
Enviado por Fran Macias o Mér, 2019-09-11 18:14
Xa están dispoñibles as fotografías da actividade:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=244
A Santiago de Pantín Surf School organiza o día 17 de setembro,
en Cedeira, unha actividade na que os nenos e nenas de quinto poden practicar piragüismo e vela baixo a supervisión de monitores.
A hora de saída será ás 9:30 desde o colexio, e o regreso aproximadamente ás 13:30
Condicións para participar na actividade:
- Deben levar bañador ou pantalón corto (ou algo que non empape moito)
- Tamén necesitan roupa e calzado para cambiarse, xa que polo tipo de actividade é previsible que acaben mollados.
- Tamén deben levar un chuvasqueiro ou roupa de abrigo adecuada para a auga.
Aínda que utilizarán chalecos é imprescindible que saiban nadar.
Para saber máis:
https://galp.xunta.gal/es/a-marina-ortegal/actividades-de-vela-e-piraguismo-dentro-do-programa-xogando-na-auga
Vídeo: https://youtu.be/iv8t0D09vh8
UN MAR DE MUIÑEIRAS
Enviado por maria o Dom, 2019-05-19 20:26O pasado venres, 10 de maio, alumnos e alumnas do noso Centro reuníronse en Navantia con escolares doutros centros educativos de Ferrolterra para bailar xuntos unha muiñeira interpretada en directo por A Banda das Crechas.
Podedes ver o resultado do traballo na seguinte ligazón. Esperamos gocedes vendo o vídeo tanto coma nós.
Parabéns!!!
Charla sobre o medio maratón de Cariño
Enviado por Fran Macias o Dom, 2019-04-28 21:52O Concello de Cariño organiza para o próximo día 29 de abril unha charla sobre o medio maratón de Cariño.
Hora: 12:30
Lugar: salón de actos de colexio
Dirixida ao alumnado de cuarto, quinto e sexto
www.rfea.es/web/competiciones/campeonato.asp?codigo=2019RF101
Obradoiro de balonmán
Enviado por Fran Macias o Mar, 2019-03-26 18:00O luns 27 de marzo teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.
Alumnado participante: 3º e 4º
Horario: de 10:20 a 12:00
Organiza Concello de Cariño.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »