Complementarias
Mural Colectivo pola Igualdade
Enviado por Cristina o Mér, 2019-12-04 10:10Onte levouse a cabo a confección do Mural Colectivo pola Igualdade.Nesta actividade, proposta polo Concello,colaborou o noso alumnado xunto co alumnado da asignatura de Plástica do IES Cabo Ortegal. O mural foi deseñado polas artistas Sol e Blanca xunto con Elena,a profesora de Plástica do IES.O deseño está baseado nos debuxos seleccionados no concurso convocado polo Concello.O alumnado de 5º e 6º participou neste concurso e os autores/as dos debuxos que se elexiron para compoñer o mural son:
Mateo Vila Posada 6º
Janire Adrián Afonso 6º
Bianca Andrea Galán Mirea 5ºA
Alejandro Rubido López 5ºB
MARCHA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Jesusorizales o Lun, 2019-11-25 01:36
Hoxe luns 25 de novembro, se o tempo o permite, o alumnado e persoal do centro participará na Marcha en contra da Violencia de Xénero.
Sairemos ás 11:30 h do colexio cara o Concello para reunirnos alí co alumnado do IES Cabo Ortegal, diversas asociacioóns e veciños e veciñas do pobo.
En caso de chover non sairemos e realizaremos a conmemoración desta data no salón de actos do colexio.
|
|
CONTOS POLA IGUALDADE
Enviado por Jesusorizales o Lun, 2019-11-25 01:12O pasado venres, e gracias á ANPA "A BASTEIRA", o alumnado desde EI ata 4º de EP disfrutaron de Contos pola Igualdade.
A contacontos Raquel Queizás fixo participar ao alumnado e tratou, a través de tres contos, de conciencialos na importancia da igualdade entre xéneros. Gracias.
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO TRADICIONAL
Enviado por Jesusorizales o Xov, 2019-11-14 14:29Hoxe celebramos o noso tradicional Magosto.
Debido ao mal tempo que houbo todo o mes de novembro tivemos que botar man dun novo sistema de asado: a locomotora.
O que non puidemos facer hoxe foron os xogos tradicionais.
CHARLA SOBRE O MEL DE GALICIA
Enviado por Jesusorizales o Ven, 2019-11-08 19:22Hoxe tivemos para todo o alumnado unha charla sobre o mel de Galicia a cargo de compoñentes de Mel de Galicia e Asociación Galega de Apicultores.
O alumnado recibiu de agasallo un tarriño de mel.
Unha parte do alumnado participou na confección do cartel da Feira do mel e mazá de Ortigueira aportando os seus debuxos.
|
CONCURSO DE CABAZAS 2019-2020
Enviado por Jesusorizales o Lun, 2019-11-04 20:56A semana pasada celebrouse no colexio o "Concurso da Cabazas 2019/2020."
De entre todos/as os/as participantes os/as gañadores/as foron os/as seguintes:
Categoría CABAZA MÁIS TERRORÍFICA: Noa Yáñez Orizales (5º B)
Categoría CABAZA MÁIS ECOLÓXICA: Carlos Lago Estruch (2º)
Categoría CABAZA MÁIS ORIXINAL: Martín Novo Rodríguez (1º)
Noroaboa e gracias a todos/as por participar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »