Viaxes didácticas
VIAXE DIDÁCTICA EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por maria o Xov, 2018-04-26 19:03O alumnado de 1º, 2, 3º e 4º de EP visitarán a Granxa-Escola Casa do Queixo (Sobrado dos Monxes) onde realizarán múltiples e variadas actividades.
O alumnado de 5º e 6º de EP realizará unha viaxe a Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía, a Riveira para visitar as Dunas de Corrubedo e a Porto do Son para visitar o Castro de Baroña.
VIAXE DIDÁCTICA EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por maria o Xov, 2018-04-26 18:47O alumnado de Educación Infantil realizará unha viaxe didáctica a Ferrol para coñecer o Xardín temático sobre a auga, Aquaciencia, e visitar o Parque de Bombeiros .
Xantarán na Área Recreativa de O Castro (Cerdido).
Viaxe a Fene e Fragas do Eume
Enviado por tamarasalgueiro o Mér, 2016-06-08 13:30Mañá, xoves, 9 de xuño de 2016 o alumnado de 3º e 4º de E.P. faremos unha saída didáctica que constará das seguintes actividades.
- Fene: Museo do humor e Parque de Educación Viaria.
- Fragas do Eume: comida nun dos merendeiros, camiñata polas Fragas, merenda e volta.
A saída está prevista para as 8:30 h. dende Trinquete, facendo as paradas indicadas ás titoras, e a volta para aproximadamente as 19 h.
É recomendable que o alumnado vaia vestido con roupa cómoda, gorra e protección solar posta. Ademais, deberán vir provistos de merenda de media mañá (nunha bolsiña para baixar do autobús ao chegar a Fene), a comida e a merenda da tarde.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA Á MARIÑA LUCENSE
Enviado por Anónimo o Lun, 2012-06-04 09:192º Ciclo de E. Primaria
Programa previsto :
Data: 6 de xuño de 2012 (mércores)
Horas e itinerario
09:00 Saida de Cariño das paradas habituais
10:30 Sargadelos.Visita guiada ás instalacións da fábrica
12:00 Praia Catedrais. Baixada ao areal.
13:00 Museo Provincial do Mar (San Cibrao)
14:30 Xantar
15:30 Visita ao Castro de Fazouro
17:00 Ortegalia. Museo da Fundación
18:30 Regreso
VISITA DIDÁCTICA ALDEA NOVA
Enviado por Anónimo o Mér, 2012-05-16 13:17O vindeiro luns, día 21 de maio, os alumnos/as do 1º ciclo de E. Primaria do Colexio realizarán unha visita didáctica ás instalacións de Aldea Nova en Narón.Hora de saída: 9:30 desde o Colexio.Hora de chegada: Ás 17:30 aprox., parando segundo a opción marcada no seu momento en:
- Feás
- Sismundi
- A Pedra (fronte ao cine vello)
- Bardanca
- Concello
VIAXE DIDÁCTICA 3º CICLO PRIMARIA
Enviado por Anónimo o Mar, 2012-05-15 12:51VIAXE A OURENSE - 22 de maio
PROGRAMA
- Saída: 7,45 da Parada dos Buses
- 9,45 Parada en Lugo
- 11,30 Visita ao encoro de Belesar
- 14,00 Xantar na Pizzería La Toscana (Centro Comercial Costa Vella).
Tfnos. 88373618 600459419
- 16,00 Visita ás Burgas e Catedral
- 17,30 Termas de Outariz
- 19,30 Regreso a Cariño
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »