Ed. Física
Proxecto saúde 21-22
Enviado por Fran Macias o Mar, 2022-06-21 14:08Proxecto saúde: rutas.
Enviado por Fran Macias o Ven, 2021-06-11 23:00Proxecto saúde
Andaina pola contorna natural
Enviado por Fran Macias o Lun, 2019-06-17 23:40
O vindeiro mércores 19 de xuño levaremos a cabo unha andaina polo medio natural, desde o monte Faroleiro ata o colexio. Participa o alumnado de cuarto e quinto.
Descrición da actividade.
Data: 19 de xuño de 2019.
Saída desde o colexio: 9:40
Regreso ao colexio: 13:30 aprox
Distancia: aprox. 7 km
Dificultade: baixa.
Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.
Requisitos para o alumnado.
Levar calzado adecuado para camiñar por sendas de terra, e unha gorra.
Poden levar unha pequena merenda e auga.
Percorrido.
Traslado desde o colexio en autobús ata o mirador de Malveira.
Subida polo camiño de terra ata A Vacariza.
Descenso polo camiño do Cristo de Barbas en dirección Vilar - Barreiros.
Chegada ao colexio.
Resumo de actividades 2018-2019
Enviado por Fran Macias o Dom, 2019-06-16 16:35Fotografías das actividades levadas a cabo na área de E. Física durante o curso 2018-2019.
Investigamos as etiquetas dos alimentos.
En internet: a publicidade dos alimentos.
Un misterio moi misterioso: 261
Participación nos xogos olímpicos de Cedeira.
Andaina pola contorna natural de Cariño
Xogos olímpicos en Cedeira
Enviado por Fran Macias o Xov, 2019-05-16 08:13O colexio de Cedeira organiza para o día 23 de maio unha xornada de promoción do atletismo para á que invitou a participar ao alumnado de quinto do noso colexio.
A hora de saída será as 9:30 desde o colexio, e o regreso antes das 14:30 tamén ao colexio.
Cada alumna e alumno debe participar en varias disciplinas de atletismo, agrupadas en carreiras, saltos e lanzamentos.
Asignáronnos a cor negra, polo que o alumnado deberá levar unha camiseta desa cor.
Vídeo da actividade: http://youtu.be/dt8GsRL24Yk
Andaina polo medio natural xuño 2017.
Enviado por Fran Macias o Mar, 2017-06-13 23:19O vindeiro xoves 15 de xuño levaremos a cabo unha andaina polo medio natural.
Temos previstas dúas opcións en caso de que a néboa ou o vento sexan condicionantes:
Opción 1: Miradoiro de "A Miranda"
Opción 2: Serra do Faroleiro.
Descrición da actividade.
Data: 15 de xuño de 2017.
Saída desde o colexio: 10:00 h
Regreso ao colexio: 13:15 h
Dificultade: baixa.
Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.
Nesta ligazón tedes os mapas e máis información sobre a actividade.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »