Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Curso 2022/2023

SEMANA DA CIENCIA

09/06/2023 14:22
Europe/Madrid

Hoxe deu comezo o tempo para dedicarlle ao noso laboratorio e aos experimentos. Debido á cantidade de actividades que temos non puidemos facelo ante,

pero aquí estamos. Hoxe os máis pequenos deron a sinal de saída. Aquí vedes como gozaron.

Subiremos máis imaxes doutros niveis.

 

                                                                                                               

DÍA DOS OCÉANOS- CIDADE CIENCIA

09/06/2023 13:13
Europe/Madrid

Onte 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos, e nós, como persoas amantes do mar e da súa biodiversidade, queremos celebralo.

 

Programamos diversas actividades para tomar conciencia da súa importancia e como podemos botar unha man para coidalo e preservalo.

 

Hoxe , entre outras actividades, tiñamos pensado ir a praia da Basteira para limpala, facer cribado de microplásticos e facer uns obradoiros sobre

 

a vexetación das dunas por parte Miguel Hevia, un veciño de Cariño, que aceptou a nosa proposta. Isto non puido ser debido a o tempo que estamos a ter.

 

Deixámolo para a semana que vén.

 

Hoxe tivemos dúas videoconferencias ofrecidas por Cidade Ciencia que, como outras moitas veces, foi o Concelleiro de Cultura Jonathan Miranda

 

quen nos xestionou esta actividade. Polo seu contido estiveron destinadas aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e foi Eva velasco a encargada de expoñelas.

 

Eva é unha doutora do Instituto Español de Oceanografía, unha apaixoada do mar que nos acercou aos nosos mares máis próximos que esta a buscar, xunto

 

co seu equipo que a pesca sexa unha actividade sostible.

 

Eva, estamos contigo: “Entre todos/as podemos conseguir preservar a biodiversidade dos nosos océanos” e “Para coidar hai que coñecer”.

 

Grazas Cidade Ciencia, Grazas Eva e Grazas Jonathan por facilitarnos esta actividade. Ata a próxima!!Sorriso

 

         

 

NOVOS NOMES PARA AS NOSAS AULAS

31/05/2023 18:28
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o resultado dos traballos realizados polas distintas titorías, no que traballaron sobre diferentes autores/as. Agora as aulas do noso cole teñen un nome dun escritor/a homenaxeado no Días das Letras Galegas. Cada nivel trabollou o autor/a elixido/a.

                                           

               

ESPECTÁCULOS NA CASA DA CULTURA: "A PEQUENA GRAN INVENTORA" E "ILUSIÓNATE"

22/05/2023 10:25
Europe/Madrid

Dúas invitaciónS recentes a espectáculos na Casa da Cultura, invitados/as pola Biblioteca do Concello.

                                        "A Pequena gran Inventora"                                                 "Ilusiónate"

                                                                         

                                                     

Francisco Fernández del Riego

19/05/2023 17:36
Europe/Madrid

Activdades para homenaxear o Día das Letras Galegas 2023:

Conto para Educacón Infantil: "O misterioso salouco de Don Paco".

Xogo para Educación Primaria: "Francisco Fernández del Riego. Do A ao Z"

LETRAS GALEGAS 2023

17/05/2023 12:50
Europe/Madrid

Distribuir contido