DÍA DOS OCÉANOS- CIDADE CIENCIA
Onte 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos, e nós, como persoas amantes do mar e da súa biodiversidade, queremos celebralo.
Programamos diversas actividades para tomar conciencia da súa importancia e como podemos botar unha man para coidalo e preservalo.
Hoxe , entre outras actividades, tiñamos pensado ir a praia da Basteira para limpala, facer cribado de microplásticos e facer uns obradoiros sobre
a vexetación das dunas por parte Miguel Hevia, un veciño de Cariño, que aceptou a nosa proposta. Isto non puido ser debido a o tempo que estamos a ter.
Deixámolo para a semana que vén.
Hoxe tivemos dúas videoconferencias ofrecidas por Cidade Ciencia que, como outras moitas veces, foi o Concelleiro de Cultura Jonathan Miranda
quen nos xestionou esta actividade. Polo seu contido estiveron destinadas aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e foi Eva velasco a encargada de expoñelas.
Eva é unha doutora do Instituto Español de Oceanografía, unha apaixoada do mar que nos acercou aos nosos mares máis próximos que esta a buscar, xunto
co seu equipo que a pesca sexa unha actividade sostible.
Eva, estamos contigo: “Entre todos/as podemos conseguir preservar a biodiversidade dos nosos océanos” e “Para coidar hai que coñecer”.
Grazas Cidade Ciencia, Grazas Eva e Grazas Jonathan por facilitarnos esta actividade. Ata a próxima!!