Secretaría
CHEGAN AS MERECIDAS VACACIÓNS.
Enviado por deli o Xov, 2022-06-23 13:24E sen darnos conta chegou o último día de curso. Os nenos e nenas de 6º de EI puxéronse elegantes para a súa graduación con fin de despedir esta fermosa etapa, entregamos os premios aos participantes do concurso dun logo para o noso cole e, por suposto, á gañadora, Mar Yáñez. Tamén vimos a proxección dunha entrevista que o alumnado de 5º de EP lle fixo ao famoso e simpático Touriñán. Logo, gozamos dun concerto de rock moi especial coa colaboración do Conservatorio das Pontes, no que participaron dous alumnos/as de 4º de EP (Miguel e Sara) tocando a bateria e o teclado: "ESPECTACULAR". E como colofón a este ano académico o alumnado foi para as súas clases a festexar o fin de curso, percibindo que co deber cumprido comezaban as súas ben merecidas vacacións de verán. Parabéns a todos /as polo voso traballo e polo voso esforzo.
O Equipo Directivo como punto e final a este curso quere dar as GRAZAS a toda a comunidade educativa por estar aí dándoo todo cando estamos a falar da educación dos/as nosos/as nenos/as porque como di un provebio africano:" Para educar a un neno/a fai falta a tribu enteira".
E en especial e concretamente:
-A ANPA por ofrecerse sempre a axudar e poñer o seu grao de area para mellorar as cousas.
-Ao Concello por ter sempre presente as nosas peticións, que non son poucas, co fin de mellorar o noso edificio e o noso entorno. Grazas por todo o conseguido.
-As limpadoras por ternos sempre todo a punto para comezar cada mañá o noso traballo.
-Ao conserxe por ser impecable no desenrolo das súas funcións, clave no funcionamento do centro educativo.
-Ás familias porque cando precisamos do voso apoio soubemos que aí estades. Por entender que estamos todos no mesmo bando, que o máis importante son os/as rapaces/zas. Son eles/as polos que merece a pena traballar.
-A aquelas persoas que nos apoiaron para poder conseguir o que considerabamos que era o melllor para o centro ou para os/as nenos/as.
-Aos compañeiros/as, mestres e mestras, verdadeiros artífices do bo funcionamento de todo, grazas enormes por animarnos e axudarnos cando xurdiron problemas, flaquezas, desánimo,... e recordar que o importante non é ver que as cousas son difíciles senón que son posibles.
-Pero sobre todo, non me cansarei de repetilo, grazas aos nenos/as por todos os momentos que nos regalastes, polo voso entusiasmo, polos vosos xogos, polo voso ánimo, por ser agradecidos e incluso polas vosas críticas, polo voso sorriso,..., polo voso esforzo, por non rendirvos nunca e, como non dicilo tamén, por perdoar os noso erros, que seguro cometimos algún.
Ao alumnado de 6º que comeza unha nova etapa educactiva desexarlles moito éxito, que loiten polo que queren ser. Sabemos que o conseguirán, confiamos neles. Sabemos que son moi válidos, e só teñen que poñerlle entusiasmo e traballo. Dos demais, despedímos ata o curso que vén, desexando a todos/as
BO VERÁN!!!!. GOZADE DESTE TEMPO DE LECER
* Participantes no concurso "Un Logo para o cole" e o seus traballos. O logo gañador é o remarcado en verde. Noraboa á nai de Samuel , María Yáñez que non puido asistir a recollida de premios e delegou en Samu.
PROBANDO ZUMBA
Enviado por deli o Xov, 2022-06-23 12:44
O xoves pasado para ir concienciándonos de que que este curso estaba a piques de rematar, xuntámonos todos/as no pavillón e gozamos dunha demostración de "ZUMBA". Bailamos imitando á monitora, foi divertidísimo.
O MAGO KIKO VEU AO NOSO COLE
Enviado por deli o Xov, 2022-06-23 12:03Entre risas, sorrisos e sorpresas transcurriu o show de maxia que o pasado venres 17 vivimos no cole de Cariño. Camiño do final de curso, necesitamos parar para descansar un pouco dos traballos escolares rutinarios. O mago Kiko fíxo que nos sorprendéramos cos seus fabulosos trucos de maxia, levándonos dende a espectación á sorpresa, pasando polo sorrisos e polas risas. Foi MÁXICO
LÓVA - LA ÓPERA COMO VEHÍCULO DE APRENDIZAJE
Enviado por deli o Lun, 2022-06-20 12:33O pasado mércores 15 de xuño A Compañía de Ópera Familiformi amouso o traballo de todo un curso poñendo en escea a súa ópera que leva como título: "Acampada Creativa". Este traballo está dentro do Proxecto Lóva, un proxecto educativo centrado no desenrolo emocional, social e cognitivo dos alumnos/as. Para resumir, posto que sería moi longo de contar, dicir que LÓVA é un reto que abre a aula ás emocións, á imaxinación, ao esforzo compartido e ao descubrimento e aceptación de todas as capacidades. Dedicaron o curso enteiro a crear desde cero unha breve peza de teatro musical, para o cal organizan equipos de profesionais, escribiron un libreto, deseñaron decorados, compuxeron música, elexiron e crearon pezas do vestiario, fixeron publicidade, aprenderon sobre iluminación, etc. E, ao final, chegou o gran día no que representaron unha ópera enteiramente orixinal e fixéronno sen axuda dos adultos. Tamén deixar claro que LÓVA conecta as Competencias Clave e os Obxectivos da aula. Os que formamos parte deste proxecto comprobamos que os nenos/as viven de forma individual e colectiva a EMOCIÓN DA APRENDIZAXE.
Pensamos que foi un día moi emocionante e especial para todos/as, unha experiencia que non esquecerán. Foi unha gozada velos dende a distancia como resolvían e manexaban a situación. Aquí vos deixamos unhas fotos preciosas que Álvaro Ramil lles fixo durante a posta en escea.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO NO PROCESO DE ADMISIÓN. CURSO 2022-2023
Enviado por Jesusorizales o Mér, 2022-06-15 23:13O alumnado admitido no proceso de admisión para o curso 2021-2022 deberán formalizar a matrícula presentando o impreso correspondente na secretaría do centro xunto con dúas fotografías tamaño carnet e solicitando cita previa.
Prazo: 20 de xuño-30 de xuño
Teléfono cita previa: 881 880 434
IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023
Enviado por Jesusorizales o Mér, 2022-06-15 23:03RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.
IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º), ou a entrega de vales para a adquisición de libros (1º e 2º).
Será necesario solicitar cita previa no colexio para a recollida de vales, presentar reclamacións ou consultar as listaxes de libros asignados do fondo. Medios dispoñibles: teléfono 881 880 434, email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal.
SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)
Publicación de listaxes: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.
A partires do día 4 dexullo e ata o 15 de xullo poderán recoller os vales no colexio, en horario de 11:00 a 13:30. Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO (ALUMNADO DE 3º e 4º)
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2022.
Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2022.
Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.
MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar
nada sen falar previamente coa persoa titora.
EDUCACIÓN PRIMARIA
A listaxe de material escolar será facilitado pola persoa titora e/ou publicado na web do colexio cando se coñeza.
PREMA NA SEGUINTE LIGAZON PARA ACCEDER Á RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.
RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »