Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

LÓVA - LA ÓPERA COMO VEHÍCULO DE APRENDIZAJE

20/06/2022 13:03
Europe/Madrid

O pasado mércores 15 de xuño A Compañía de Ópera Familiformi amouso o traballo de todo un curso poñendo en escea a súa ópera que leva como título: "Acampada Creativa". Este traballo está dentro do Proxecto Lóva, un proxecto educativo centrado no desenrolo emocional, social e cognitivo dos alumnos/as. Para resumir, posto que sería moi longo de contar, dicir que LÓVA é un reto que abre a aula ás emocións, á imaxinación, ao esforzo compartido e ao descubrimento e aceptación de todas as capacidades. Dedicaron o curso enteiro a crear desde cero unha breve peza de teatro musical, para o cal organizan equipos de profesionais, escribiron un libreto, deseñaron decorados, compuxeron música, elexiron e crearon pezas do vestiario, fixeron publicidade, aprenderon sobre iluminación, etc. E, ao final, chegou o gran día no que representaron unha ópera enteiramente orixinal e fixéronno sen axuda dos adultos. Tamén deixar claro que LÓVA conecta as Competencias Clave e os Obxectivos da aula. Os que formamos parte deste proxecto comprobamos que os nenos/as viven de forma individual e colectiva a EMOCIÓN DA APRENDIZAXE.

Pensamos que foi un día moi emocionante e especial para todos/as, unha experiencia que non esquecerán. Foi unha gozada velos dende a distancia como resolvían e manexaban a situación. Aquí vos deixamos unhas fotos preciosas que Álvaro Ramil lles fixo durante a posta en escea.