Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

BENVIDO

10/09/2024 12:44
Europe/Madrid

BENVIDA: LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2024

 

                                         

 

”Mañá da comenzo o novo curso para os/as nosos/as nenos/as, e os/as mestres e mestras do cole de Cariño estamos desexando recibilos para poñer todo o

noso corazónna súaeducación. Estamos preparando todo con moito agarimo, entusiasmo e ilusión, e como dicimos sempre, para poder camiñar, gozar, ensinar e

seguir aprendendoxuntos.

Tamén desexamos dar a benvida ao resto da Comunidade Educativa a que convidamos a participar dun xeito activo nesta novo curso. Aquí estamos para seguir

avanzando, para axudar e facilitar as cousas sempre sen descoidar o noso compromiso co noso alumnado que é, en definitiva, o noso centro de interés, e por

quen e para quen debemos traballar conmotivación, buscando o mellor xeito de chegar a el. O que máis desexamos é que os/as nosos/as nenos/as sexan felices

aprendendo, que despreguen a súa creatividade a súa imaxinación, e que sexan quen de expresar as súas emocións e que sigan adquirindo aprendizaxes. En

definitiva, que continúen desenrolando todo o potencial que posúen, aquí,neste lugar, onde ademais pretendemos que aprendan a aceptar, a incluir e a integrar

as diferenzas. E remato coma sempre, un lugar onde Eles e Elas son os/as PROTAGONISTAS".