Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Día da Paz e Non Violencia Escolar

00/00/
Array

A celebración do Día da Paz e Non Violencia Escolar é unha oportunidade marabillosa para concienciar aos nenos/as sobre o valor desta meta que, a sociedade mundial, aínda non conseguiu acadar.

Durante toda a semana realizáronse nas titorías actividades arredor da temática "Entendemento Mundial" e levouse a cabo unha cuestación anónima a prol da ONG "Entre Culturas".

O venres, 29 de xaneiro, concluiremos esta celebración cos seguintes actos:

  • 12:45 horas: cortos sobre a Paz no salón de actos.
  • 13:00 horas: escenificación de Danzas do Mundo.
  • 13:45 horas: canción "Amiguiños todos".