Complementarias
CONCERTO DIDÁCTICO
Enviado por Anónimo o Mér, 2010-06-02 11:56O venres, día 4 de xuño, no Auditorio Municipal se celebrará un concerto didáctico para todos os alumnos e alumnas do centro a cargo de LUBMILA ORLOVA.
O concerto dará comezo ás 12:00 horas e terá unha duración aproximada de 1 hora.
CONTACONTOS
Enviado por Anónimo o Xov, 2010-05-27 18:14O venres, día 28 de maio, os alumnos/as de 1º de E. Primaria asistirán a unha sesión de contacontos no Auditorio Municipal de Cariño a partir das 11:15 horas. A duración aproximada da actividade é de 45 minutos.
CONTACONTOS E. INFANTIL
Enviado por Anónimo o Mar, 2010-04-20 10:37O vindeiro martes, día 27 de abril, os alumnos/as de Educación Infantil do centro realzarán unha sesión de contacontos no Auditorio Municipal ás 11:20 horas a cargo de TRINQUE-TRINQUE.
Esta actividade está financiada polo Concello de Cariño.
xogade: atletismo I
Enviado por Fran Macias o Lun, 2010-04-19 08:55O xoves día 22 de abril participaremos nunha xornada de atletismo dentro do programa "XOGADE" da Xunta de Galicia.
Alumnado: desde 2º ata 5º , equipos de seis participantes. Total 8 equipos.
Lugar: Pavillón Municipal de Cedeira.
Horarios: saída ás 9:45 desde o colexio, chegada ás 14:00 aprox.
Disciplinas: lanzamento de balón lastrado, lanzamento de xavelina, carreira de velocidade (60m), carreira de remudas (relevos ), salto de obstáculo, salto de lonxitude, salto de altura e carreira de remudas con valos (vallas).
Se queres ver estas fotos na galería, preme aquí.
Día da Paz
Enviado por Anónimo o Lun, 2010-01-25 13:53Día da paz
O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o "Día da Paz". As actividades que realizamos foron as seguintes:
No salón de actos ás 10.30h:
- Lectura dos poemas sobre a paz, feitos por cada clase.
- Proxección do video "Puk y el muro"
- Cantamos a canción de Juanes "Es tiempo de cambiar".
- Presentación da montaxe feita cas fotos dos alumnos/as e persoal do colexio.
No patio (cuberto):
- Lectura do "Decálogo pola Paz" (ao final no Salón de Actos por inclemencias do tempo).
- Solta de pombas.
FELIZ DÍA DA PAZ
MAXIA
Enviado por Anónimo o Ven, 2010-01-15 14:02O vindeiro xoves, día 11 de febreiro, os alumnos/as do centro asistirán a un espectáculo de maxia a cargo do MAGO BENXAMÍN.
A actuación se celebrará no AUDITORIO MUNICIPAL da Casa da Cultura do Concello ás 13:00 horas e durará aproximadamente 50 minutos.
Esta actividade está subvencionada por ANPA "A Basteira".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- seguinte ›
- última »