Complementarias
Día escolar pola PAZ
Enviado por Fran Macias o Mar, 2013-01-29 16:24O mércores día 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia.
11:00 Lectura de manifestos en prol da paz e a non violencia, por parte do alumnado, no salón de actos.
Entre todos e todas cantaremos a canción "Paz e amor"
11:40 No Pavillón Polideportivo os alumnos e alumnas de infantil e primaria bailarán danzas tradicionais do mundo ( Italia, Países Baixos, México, Nova Zelanda, Francia e Israel )
Despois do recreo teremos unha charla sobre o labor que desenvolven os "Bancos de Alimentos".
Exposición
Enviado por Anónimo o Lun, 2012-12-10 12:31Os alumnos/as de E. Primaria do Colexio visitarán a exposición "Galicia, conservando a natureza" do Auditorio Municipal con arreglo ao seguinte calendario:
LUNS, DÍA 10 DE DECEMBRO
- 11:30 ---- 1º
- 12:45 ----2ºA, 2ºB
MARTES, DÍA 11 DE DECEMBRO
- 11:30 ---- 3ºA, 3ºB
- 12:45 ----4ºA, 4ºB
MÉRCORES, DÍA 12 DE DECEMBRO
- 11:30 ---- 5º
- 12:45 ----6ºA, 6ºB
Conferencia
Enviado por Fran Macias o Ven, 2012-11-23 14:35O martes 27 de novembro desenvolverase no colexio unha conferencia da doutora Mercedes Ferreira Bouza sobre "alimentación e saúde".
O acceso é libre.
Lugar: Salón de actos do colexio de Cariño.
Data: 27 de novembro de 2012
Hora: 18:00
Organiza: CEIP "Manuel Fraga Iribarne"
SEMANA CON FROITA
Enviado por Fran Macias o Lun, 2012-11-12 14:24Semana da froita.
Este ano participamos no "Plan de consumo de froita nas escolas".
En que consiste o plan?
Na entrega a cada alumno e alumna dunha peza de froita durante os recreos.
Cando?
Durante dúas semanas ao ano, a primeira será do 12 ao 16 de novembro.
Que froita?
Luns: mazá
Martes:pera
Mércores:mandarina
Xoves:plátano
Venres:mazá
Que pretende o plan?
A promoción de hábitos saudables como o consumo de froita, desde idades temperás
Este programa está organizado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), coa colaboración das Consellerías de sanidade e de Cultura, Educación e O.U. Cofinanciado pola Unión Europea.
RAMIRO XUBÍLASE
Enviado por Anónimo o Lun, 2012-10-01 11:34En realidade, xa está xubilado. Ía dicir que xa non está connosco pero soa demasiado forte porque si está, por sorte para el e para nós. E se fisicamente non anda moi lonxe, no Colexio queda a estela do seu bo facer, da semente que deixou e dos froitos que recollemos. Eu, que tiven a sorte de compartir con el traballo, responsabilidades directivas, proxectos, inquedanzas, ledicias e tristuras sei ben como é Ramiro. Non me cega a paixón da amizade senón o interese por facer algo que é de xustiza: transmitirlle a miña gratitude por todo o que fixo e por todo o que aportou á comunidade educativa en xeral e a min en particular. E para que se vexa que esta sensación non é exclusivamente miña, nada mellor que poñer un fragmento da dedicatoria que nos remite Arturo, outro amigo común e tamén membro comprometido durante varios anos con esta institución.
Ramiro, mestre, amigo, compañeiro. Neses anos que tiven a sorte de poder compartir contigo, puiden comprobar a calidade humana e profesional que atesouras; o teu proceder á hora de impartir docencia, mantendo sempre un gran respecto tanto pola materia como polo alumnado; o teu trato exquisito con todos os que te rodean; a túa capacidade para debater de temas de distinta natureza, facendo sempre gala dunha gran facilidade para argumentar non exenta dun fino e atinado sentido do humor que che servía en moitas ocasións para rebaixar a tensión do debate; a túa predisposición para a innovación –cantas horas lle tes dedicado á informática cando esta aínda estaba espontando!!!-; a túa eficaz e efectiva labor como xefe de estudos, coma coordinador do Proxecto Abrente, como dinamizador de tantas e tantas actividades no Colexio –o Espigonciño é un bo exemplo diso-. En fin, que máis podo dicir! A túa receptividade, a túa honestidade, o teu saber estar, a túa profesionalidade, a túa discreción, o teu sentido común e o teu compromiso coa educación quedarán como sinal imborrable da túa labor como mestre.
Que disfrutes durante moitísmo tempo da túa ben gañada xubilación. E que nós sigamos disfrutando da túa tan valiosa amizade.
Unha aperta
Carlos Miranda
Senderismo
Enviado por Fran Macias o Ven, 2012-06-15 08:44O mércores 20 de xuño o alumnado de quinto curso participará nunha actividade de senderismo para coñecer a contorna, iremos acompañados de técnicos do concello que explicarán aos alumnos e alumnas as características, elementos destacados, vexetación, fauna, etc do percorrido.
Saída: 10:00h desde o colexio. Regreso: aprox 14:00h
Percorrido: Colexio - San Xiao
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »