Complementarias
CONCERTO
Enviado por Anónimo o Mér, 2011-06-01 11:36ATENCIÓN!!!
Esta actividade queda aprazada ata novo aviso por enfermidade dunha das integrantes do grupo musical.
O venres, día 3 de xuño, os alumnos/as do centro asistirán ao CONCERTO DIDÁCTICO: "SON MÁIS DE DOUS" coa temática de "Novas tecnoloxías" no Auditorio Municipal de Cariño.
A actividade dará comezo ás 13:00 horas e durará aproximadamente unha hora. Está financiada pola Concellería de Cultura do Concello de Cariño.
CONTACONTOS
Enviado por Anónimo o Mér, 2011-04-27 11:53O vindeiro xoves, día 28 de abril, os alumnos/as do centro asistirán en dous turnos a unha sesión de contacontos no Auditorio Municipal. O primeiro turno, con alumnos de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria comezará ás 11:15 horas e o 2º turno, con 2º e 3º ciclo de E. Primaria, ás 12:45 horas. A duración de cada sesión será de 50 minutos aproximadamente.
Xornada de atletismo.
Enviado por Fran Macias o Lun, 2011-04-04 13:28
O xoves 7 de abril participaremos nunha xornada de "Atletismo en pista cuberta" , en Cedeira.
Alumnado: Terceiro e cuarto niveis.
Saída desde o colexio ás 9:45.
Inicio da actividade: 10:30 no Pavillón Polideportivo Municipal de Cedeira.
Hora de chegada ao colexio: sobre as 14:00.
Esta actividade é lúdica, os nenos e nenas participarán en diferentes disciplinas atléticas adaptadas a súa idade. Por exemplo: Carreira de 60m, saltos continuados laterais, lanzamento de peso 2kgr , salto horizontal pes xuntos, lanzamento de xavelina, Salto de altura e carreiras de remudas (relevos).
DÍA DA PAZ
Enviado por Anónimo o Xov, 2011-02-10 14:12Este é un anaco da celebración do Día da Paz 2011
[swf file="/srv/hosting/home/ceipmanuelfraga/drupal/files/paz_11.flv"]
CUESTACIÓN ANÓNIMA-DÍA DA PAZ 2011
Enviado por Anónimo o Mar, 2011-02-08 09:53A cantidade enviada a "LA COCINA ECONÓMICA DE FERROL" coas aportacións recadadas no centro foi de:
1.317,59 €
TEATRO - 1º CICLO
Enviado por Anónimo o Xov, 2011-02-03 08:44O venres, día 4 de febreiro, ás 9:45 horas os alumnos/as de 1º ciclo do colexio asistirán á representación no Auditorio Municipal dunha obra teatral ofertada por convenio entre a editorial Edelvives e a Xunta de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »