DÍA DA PAZ
O próximo día 28 de Xaneiro o alumnado e o profesorado do colexio celebraremos o DÍA DA PAZ. O lema deste ano é “VIAXANDO EN PAZ POLOS 5 CONTINENTES”.
HORARIO:
De 9.30 a 12.15 h. teremos o horario de clase habitual.
De 12.15 a 12.45 h: recreo.
Ás 12.50h. (no patio ou no polideportivo) realizarase a conmemoración do acto:
*Lectura das frases “Eu son pacifista
porque...”.
*Bailaremos as Danzas e nesta orde:
- Danza de los siete saltos, 5º e 6º
- Chino del alma, 1º e 2º
- Sambalele, 4º
- Pata Pata, 3º
- Epo, E.Infantil
*Cantaremos a canción “Amigos del
corazón” de la serie Patito Feo.
*Despois proxectarase o video “La fuerza
de un abrazo” no salón de actos.
Ademais, o próximo mércores 26 ás 10.30h, e no salón de actos, terá lugar unha charla-coloquio co presidente da Cociña Económica de Ferrol ( Institución Benéfica á que este ano vai destinada a cuestación anónima) Antonio Tostada, para os alumnos/as do 2º e 3º ciclo.
FELIZ DÍA DA PAZ