Iniciar sesión: Acceso

DÍA DO LIBRO!!!

    Bos días peques!!!

   Hoxe é 23 de abril e celebramos o Día do Libro e como sei que vos encantan os contos e ler vos propoño facer un debuxo do voso libro favorito. Estou segura de que serán uns debuxos preciosos!!!!

   Ademais se vos apetece podedes facer un marcapáxinas. Deixóvos un vídeo de cómo facer un, pero podedes facelo como máis vos guste.

   Por outra banda, na páxina principal da web tedes una tarefa para todo o cole relacionada cos Maios na que tedes a misión de facer un maio empregando os materiais que queirades e despois me podedes enviar as fotos a min por whatsapp: unha do maio e outra vosa co maio. Estades listos para cumprir esta misión? (A data de entrega é o 30 de abril).

  Rocío, a profe de música, esta semana vos deixa outras cancións moi interesantes.

   Para traballar valores, hoxe imos ver o corto titulado PIP, a través do cal podemos traballar o aceptarse a un mesmo como somos, sen compararnos cos demais e darnos conta de que cada un temos cualidades diferentes que nos fan ser únicos e especias e que podemos facer cousas marabillosas.

    Moito ánimo familias!!!

   Un bico enorme!!