Iniciar sesión: Acceso

CHEGAMOS A MERCURIO!!

   Good morning!!

  Como estades? Hoxe imos coñecer un pouquiño sobre o planeta Mercurio (moitos acertáchedes a adiviña do luns) e para iso deixo un vídeo onde explico cousiñas sobre este planeta e as actividades que se poden realizar.

   Unha das actividades consiste en atopar dentro dunha lista de palabras a que ten o mesmo número de letras que a palabra MERCURIO. Para iso temos que contar as letras de cada palabra. Cal será?

   A outra actividade é para traballar a orientación espacial. Os peques de 3 anos poden facer a actividade polo espazo da casa: seguindo unhas orientacións que lles damos (tres pasos adiante, un atrás...) deben chegar desde un punto a outro.

   Os nenos e nenas de 4 e 5 anos tamén poden facer a actividade desta forma, pero a maiores lles propoño unha coa táboa do 100, na que partindo de cada número e seguindo as indicacións para cada cor deben ver a qué número chegan. Adxunto os documentos por se é máis doads a súa visualización.

                                                        

  

   Ademais hoxe, 22 de abril, celébrase o Día da Terra e para iso deixo o vídeo dun conto relacionado con este tema. Como actividade propoño que fagan unha pulseira (debuxan a Terra, pégana nunha tira de papel á que se lle fan dous cortes nos extremos).

   

  Deixo tamén outros dous vídeos que conmemoran esta data.

   

   

                   

   Hoxe non hai adiviña, senón unha pista para saber qué planeta imos coñecer o próximo día: comeza pola letra V.

  Moito ánimo e moitos bicos!!!

AdxuntoTamaño
LISTA DE PALABRAS.pdf5.73 KB
tabla del 100.pdf585.06 KB