Iniciar sesión: Acceso

EXCURSIÓN AO ACUARIO

  O mércores fomos de excursión ao Acuario cos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria. Durante a viaxe xa estabamos desexando chegar para ver todos os animais que alí nos esperaban.

  O primeiro que fixemos foi merendar para coller forzas para a visita.

  Logo, grazas a Antonio, o noso guía, puidemos coñecer moitos animais e curiosidades sobre eles. A primeira parada foi na Sala Nautilus onde vimos moitos peces diferentes e ao tiburón Gastón, que estaba merendando. Aquí tamén vimos como os buceadores limpaban a piscina despois da comida.

  A continuación fomos a ver as focas, que tamén ían a comer: vimos como lles daban de comer e tamén agarimos. Que bonitas son!!!

  Despois seguimos a visita polas distintas salas que hai, onde vimos medusas, peixes moi variados como sargos, rodaballos, polbos, lenguados, pequenos tiburóns, cabaliños de mar, ovos de tiburón, pez trompeta, a Nemo e a Dori, etc.

  Tamén vimos obras de arte feitas por outros nenos e nenas con lixo que atoparon nas praias.

  Por último, vimos as estrelas de mar e as puidemos tocar!!!! 

  Foi uha experiencia moi bonita e pasámolo xenial!!!