Iniciar sesión: Acceso

QUE ACONTECEU ESTA SEMANA?

Ola familias!!!

Aquí vos traemos as novas desta semana.

Posto que estamos na primavera e estamos coñecendo as plantas e as partes das flores, o encargado/a da semana ten unha nova tarefa: coidar a planta (kalanchoe) que temos na aula.

Tamén continuamos familiarizándonos coa táboa do 100.

Ademais tiñamos unha flores especiais: tiñan sumas e restas, polo que tiñamos que diferenciar unhas das outras e realizar as operacións, traballando desta forma o conteo e a motricidade fina ao poñerlle as contas de cores.

No recuncho de arte deixamos voar a nosa creatividade creando flores e elementos primaverais con flores de decoración. Descubrimos que tiñan olor!!!

No recuncho de lecto atopamos unha cesta con alimentos aos que tiñamos que buscarlle a súa inicial, ademais de asociarlle a esa letra a súa minúscula.

Houbo tamén momentos de xogo, como por exemplo o dobble.

E a sorpresa da semana foi que nos chegou unha maleta ao cole chea de contos sobre a natureza e o seu coidado grazas a CEIDA (Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Así que estes días temos lecturas moi interesantes por descubrir.

Dentro do proxecto de arte deste trimestre estamos elaborando un dossier con información de cada artista, neste caso tocoulle a Hervé Tullet. Para iso tivemos que cortar a portada do libro que empregamos para facer a nosa receita da semana pasada.

E por último houbo un momento de debuxo libre relacionado coa primavera. Que orgullosa estou dos meus/miñas artistas!!!!

Vémonos despois da ponte! Guiño