Iniciar sesión: Acceso

FIN DE TRIMESTRE

Ola familias, 

aquí vos amosamos como foi a última semana do segundo trimestre.

O luns tivemos unha búsqueda de ovos pola clase seguindo as indicacións de frío, morno e quente. Todos atopamos un ovo e dentro había unha sorpresa: unha goma con forma de número.

En inglés, tanto nós como os nosos compañeiros/as de 3 anos xogamos ao bingo cos animais da selva, desta forma despedimos o proxecto da selva que tanto nos gustou.

Ademais preparamos a decoración da clase para a festa que tiña lugar o venres. O equipo de decoración decidiu que quería peixes e animais da selva e alá fomos nós a pintalos. 

O martes tivemos unha saída moi especial: ir a plantar aos Montes de Chá. Pásamolo xenial colaborando coa Asociación de veciños para reforestar os montes, desfrutando da natureza e compartindo momentos todos xuntos. Ademais tivemos unha merenda moi sa: pan e laranxa.

E por fin chegou o venres, estábamolo desexando. Tiñamos a festa de pixamas como final de trimestre que ao mesmo tempo foi unha xornada de convivencia de todo o alumnado de infantil.

Nas semanas previas e por equipos estivemos planificando e organizando todo o que necesitariamos, fomentando o traballo en equipo, a toma de decisións, chegar a acordos, respectar as opinións dos demais...

O equipo de comida fixo a lista da compra.

O equipo de decoración dixo que quería peixes, animais da selva, copos de neve, luces e unha manta.

O equipo de conto e película escolleron A pequena eiruga glotona e A Patrulla Canina.

E o equipo de xogos escolleu a pilla e adiviña que estou pensando, entre outros.

E na festa pasámolo xenial. Primeiro fixemos un xogo onde diciamos algo que nos gustaba dun compañeiro/a e lle pasabamos unha pelota. Despois xogamos de forma libre cos materiais da clase. A continuación merendamos elaborando os nosos propios bocadillos e tamén había zume, froita, galletas e cereais.

Despois do recreo contamos o conto seleccionado e bailamos aos son da música, xogando ás estatuas. E xa por último vimos un anaco da película comendo uns snacks.

Que día tan especial, bonito e divertido.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo.

Vémonos nuns días!! Felices vacacións!!!