Iniciar sesión: Acceso

PROPOSTAS INVERNAIS

Ola familias!!!

Esta semana estivemos traballando o inverno nos distintos recunchos da clase. 

No de letras estivemos formando palabras que forman parte do vocabulario desta estación. Ademais os nenos e nenas de 5 anos tamén as formaron en minúscula.

No recuncho de arte asociamos as cores de imaxes invernais coa caixa de cores de Montessori.

No recuncho de experimentos fixemos neve con bicarbonato de sodio e auga e experimentamos coa súa textura; ata fixemos xeados! Tamén nos dimos conta que a súa textura cambiaba dun día a outro e investigamos que podiamos facer para que volvese a ser como antes.

En lóxica matemática afianzamos o conteo e asociamos dita cantidade coa súa grafía.

Ademais esta semana estivemos contruíndo un inglú en cartolina cun bloque de lego e pintura azul que despois nos servirá de fondo para unha imaxe que xa case temos rematada.