Iniciar sesión: Acceso

NEPTUNO

    Ola peques!!

  Xa é venres e hoxe imos coñecer o último planeta do Sistema Solar: Neptuno.

  No vídeo volo presento e vos explico a actividade: xa que Neptuno ten 7 letras temos que buscar en revistas, xornais, folletos de supermercado, etc. 7 letras, 7 palabras e 7 números, recortalos e pegalos nunha folla.

   Ademais como tódolos venres vos deixo uns enlaces para poder xogar un poquiño: o primeiro consiste en poñer o número que falta para que Sapo poida seguir o camiño e no segundo tedes que facer quebracabezas de animais.

   https://arbolabc.com/juegos-de-numeros/brinquemos-con-don-sapo-1-10

  https://arbolabc.com/rompecabezas-para-ni%C3%B1os/animales

   Tamén vos deixo outro vídeo de Jota Jota para seguir aprendendo seguridade vial. Guiño

   Mil bicos enormes!!