Iniciar sesión: Acceso

Blogues

NOVAS DA SEMANA

Ola familias!!!

Aquí vos deixamos un resumo de todo que fixemos esta semana.

Neste trimestre imos realizar un traballo de arte coñecendo diversos artistas tanto pintores, como ilustradores ou escultores, pero antes tiñamos que experimentar cas cores. Por iso que mellor maneira que intentar conseguir todas as cores partindo só de 3 delas: azul, vermello e amarelo. Así nos puxemos mans á obra e coa axuda duns botes con pipeta e discos de algodón fomos conseguindo as distintas cores, pero para iso nos dimos conta que se queriamos telas todoas tiñas que mesturar varias. Cada vez que atopábamos unha cor, marcábamola na nosa folla de rexistro.

No recuncho de lóxica matemática traballamos os conceptos longo e curto. A nosa misión era realizar con plastilina (unha forma moi boa de traballar a motricidade fina das nosas mans) unha serpe máis longa e outra máis curta  que o anaco de celo que tiñamos na mesa. Despois medíamolas coa regra, coñecendo como se emprega, e anotábamolo.

No recuncho de lectoescritura tiñamos que formar o nome de elementos relacionados coa primavera e para iso empregamos todas as letras que temos na clase. 

E chegamos ao recuncho de arte onde era moi importante estar atento e moi concentrado pois tiñamos que elaborar con pinchos diferentes debuxos, pero había que fixarse na cor, na súa ubicación dentro da base (orientación espacial) e no conteo, posto que tiñamos que contar as pezas para que logo todo coincidise.

Estes días celebramos a Semana do libro e para iso decidimos elaborar un marcapáxinas paras as nosas lecturas na casa. Primeiro tivemos que recoller flores do campo e despois poñelas a secar entre as follas dos libros que temos na nosa biblioteca de aula. Por parellas e en follas en branco fomos colocando as flores para deixalas secar durante uns días.

Mentres tranto démoslle cor ao noso marcapáxinas con acuarelas e cores moi primaverales (alguén empregou outras cores porque son das súas favoritas). Guiño

Para rematar, cando xa todo estaba seco, as flores e o marcapáxinas, deixamos voar a nosa creatividade e decorámolos ao noso gusto. Quedaron preciosos!!!!

Aquí vos deixamos unha imaxe un pouco movida, pero é que a primeira hora da mañá, cando o encargado do día escolle unha canción para bailar todos xuntos dámolo todo. Encántame velos disfrutando deste momentos todos xuntos!!!

Esta semana ademais a profe Begoña tróuxonos unha caixa con bloques que estaban mesturados e que mellor forma de traballar a clasificación que ordeándoos.

Mirade como traballamos en equipo!!! Queremos conseguir facer unha torre moi alta e o conseguimos!!!

Na clase da profe Gemma esta semana traballamos as descripcións: un compañeiro/a tiña unha tarxeta con 6 cadros de cores e un debuxo en cada cadro. O que tiñamos que facer era describir cada cadro para que outro compañeiro/a puxese o debuxo corrrecto no cadro correspondenete dentro dunha plantilla. Desta forma démonos conta do importante que é dicir cada detalle por pequeno que sexa para que non haxa confusións.

Dentro do proxecto de arte esta semana coñecemos a Hervé Tullet, un ilustrador ao  que lle encanta xogar coas formas e cores. E que nos propuxo? Facer unha pasta de cores!! Quedounos perecta.

E o venres, como colofón de todoa esta semana , tivemos unha sesión de apadriñamento lector, onde un maior nos leu un conto que escolliamos entre os dous!! Como nos gusta compartir estos momentos cos demais compis do cole!!

Boa fin de semana!! Para a próxima máis novidades!!

NOVA SEMANA, NOVAS APRENDIZAXES

BOAS, FAMILIAS!

REMATADA XA UNHA NOVA SEMANA, AMÓSOVOS TODO O QUE ACONTECEU NA AULA (E TAMÉN FÓRA) ESTES DÍAS.

EN PRIMEIRO LUGAR E COMO A ASEMBLEA XA NOS RESULTA UN POUCO REPETITIVA, IMOS INTRODUCINDO NOVIDADES QUE FAN QUE AS NENAS E NENOS MANTEÑAN A ATENCIÓN. NESTA OCASIÓN, A PERSOA ENCARGADA DO DÍA, ADEMAIS DAS RUTINAS DIARIAS, TIÑA QUE COMPOÑER UN NÚMERO ESCOLLIDO POR ELA MESMA CON PALIÑOS DE MADEIRA TENDO EN CONTA QUE CADA 10 PALIÑOS DEBÍA CAMBIALOS POR UN CONXUNTO DELES (IDENTIFICADOS CUNHA GOMA) QUE REPRESENTABAN A DECENA. ATOPÁMONOS NO PROCESO DE COMPRENDER ESE TERMO, E DE XEITO MANIPULATIVO É MÁIS DOADO! ADAPTAMOS A ACTIVIDADE AOS DISTINTOS RITMOS: HAI QUEN IDENTIFICA O NÚMERO SEN NECESIDADE DE CONTAR, QUEN PRECISA CONAR PRIMEIRO NA RECTA PARA DESPOIS IDENTIFICAR A GRAFÍA, E SEGURO QUE TAMÉN HABERÁ QUEN PRIMEIRO PRECISE COMPOÑER O NÚMERO PARA DESPOIS ASIGNARLLE A GRAFÍA CORRESPONDENTE. O CASO É QUE TODOS/AS PARTICIPAN E APRENDEN E, POR SUPOSTO, EU SÍNTOME MOOOI ORGULLOSA DO QUE CONSEGUEN DIARIAMENTE ESTAS PEQUENIÑAS/OSRisa.

NA ZONA DE EXPERIENCIAS PASÁRONO PIPA! ATOPÁRONSE CON TERRA DO HORTO, FLORES, MACETEIROS PEQUENIÑOS E DIVERSOS ÚTILES PARA PLANTAR. NADA QUE COMENTARVOS AQUÍ, O MELLOR É QUE VEXADES AS IMAXESGuiño. CONCENTRACIÓN E DIVERSIÓN A TOPE!! ASÍ MESMO INSÍSTOLLES EN QUE PARA QUE O/A PRÓXIMO COMPI PODA REALIZAR A ACTIVIDADE, DEBEN DEIXAR O ESPAZO DE TRABALLO TAL E COMO O ATOPARON: RECOLLIDO E ORDENADO. E ASÍ O FAN!!

ADEMAIS E TAL E COMO FIXEMOS A SEMANA PASADA, PUXEMOS EN PRÁCTICA NOVAMENTE O REXISTRO COS NOMES. AUTONOMÍA TOTAL PARA IR A ESTE RECANTO E REALIZAR A ACTIVIDADE.

XA QUE ESTAMOS MOI PRIMAVERAIS, TAMÉN REALIZARON UN EXERCICIO DE LÓXICA-MATEMÁTICA DE SERIACIÓNS CON DISTINTAS FLORES.¡: ORIENTACIÓN ESPACIAL, ATENCIÓN, DISCRIMINACIÓN VISUAL...MOITO TRABALLIÑO!

NESTE TRIMESTRE IMOS LEVAR A CABO UN RPOXECTO DE ARTE PARTINDO DA OBRAS DE DIVERSOS ARTISTAS QUE IREMOS COÑECENDO POUCO A POUCO. O PRIMEIRO PASO FOI EXPERIMENTAR E DESCUBRIR AS CORES. PARA ISTO, E PREVIAMENTE NARREILLES O CONTO "ROJO, AZUL Y AMARILLO", NO QUE SE EXPLICA DUN XEITO MOI SINXELO CALES SON AS CORES PRIMARIAS (VERMELLO, AZUL E AMARELO), COMO NACEN AS SECUNDARIAS (VERDE, LARANXA E VIOLETA), TAMÉN AS TERCIARIAS ASÍ COMO O BRANCO E O NEGRO. A CONTINUACIÓN, EN GRAN GRUPO, CON TÉMPERAS DE CORES E CON PAPEL CONTINUO DIANTE, RECORDAMOS PASO A PASO AS DISTINTAS MESTURAS E FORON XUNTANDO COAS MANCIÑAS AS DIVERSAS CORES. AS SÚAS CARAS DE SORPRESA XA AS VEDES, INDESCRIPTIBLES!! POR ÚLTIMO E CON TOTAL LIBERDADE EXPERIMENTARON COMO DESEXARON E DIVERTÍRONSE MOITO! (AGORA XA COÑECEDES PORQUÉ OS MANDILÓNS VAN TAN DECORADOS ESTA SEMANACanso).

APROVEITANDO O BO TEMPO DE INICIOS DE SEMANA, SAÍMOS MERENDAR AO PATIO E XOGAMOS MOITO!!!

ASÍ MESMO, TRABALLAMOS TANTO DENTRO COMO FÓRA  DA AULA CUNHA NOVA PROPOSTA DE LECTOESCRITURA E ARTE! A PARTIR DAS TARXETAS CON VOCABULARIO DE PRIMAVEIRA COAS QUE SE FAMILIARIZARON A SEMANA PASADA, EN PRIMEIRO LUGAR SELECCIONABAN AS CORES CORRESPONDENTES Á IMAXE; A CONTINUACIÓN COMPOÑÍAN A PALABRA COAS LETRIÑAS DE MADEIRA; E, FINALMENTE, A ESCRIBÍAN CUN ROTU. PERCIBÍN AQUÍ MOITOS AVANCES A NIVEL XERAL EN CANTO Á CONCIENCIA FONOLÓXICA, RECOÑECEMENTO E REPRESENTACIÓN DE GRAFÍAS E MOTRICIDADE FINA. Sorriso

OUTRO DÍA DESENVOLVIMOS TAMÉN NO EXTERIOR A ÚLTIMA PARTE DA DINÁMICA DA ENTREVISTA REALIZADA A SEMANA PASADA. FIXEMOS UNHA POSTA EN COMÚN DOS RESULTADOS E ASÍ TIVERON A OPORTUNIDADE DE DESCUBRIR GUSTOS E PREFERENCIAS SIMILARES CON OUTRAS/OS COMPIS DA CLASE.

ADEMAIS E APROVEITANDO QUE XA ESTABAMOS FÓRA, EMPREGARON UN BOTECIÑO TRANSPARENTE QUE NA PARTE SUPERIOR TEN UNHA LUPA DE AUMENTO E QUE SERVE PARA VER BICHIÑOS. CON COIDADO E DELICADEZA COLLERON ALGUNHA QUE OUTRA FORMIGA E ALGUNHA MARIQUIÑA PARA OBSERVALA. FINALMENTE AS DEVOLVERON AO CAMPO E RECOLLERON OS BÁRTULOS.

XA QUE NOS ATOPAMOS NA SEMANA DO LIBRO, REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE QUE DIVIDIMOS EN VARIAS PARTES. INICIALMENTE SAÍRON A RECOLLER FLORCIÑAS E  PUXÉMOLAS A SECAR NA AULA. A CONTINUACIÓN, COLOREARON UNS MARCAPÁXINAS CON ACUARELA QUE, UNHA VEZ REMATADOS, DEIXARON SECAR. TRAS ISTO E INDIVIDUALMENTE, PEGARON O MARCAPÁXINAS A UNHA FUNDA PARA PLASTIFICAR. CONTINUARON COLLENDO 3 FLORCIÑAS E AS COLOCARON SOBRE O MARCAPÁXINAS. POR ÚLTIMO, INTRODUCIRON ISTO NA MÁQUINA MÁXICA (PLASTIFICADORA PARA AS/OS ADULTOSCanso), ESPERARON UNS SEGUNDOS E... TACHÁAAAAAAN!!! MARCAPÁXINAS CHULÍSIMOS FEITOS!

PARA REMATAR A SEMANA, A NIVEL CENTRO LEVAMOS A CABO APADRIÑAMENTOS LECTORES NA PISTA CUBERTA. TIVEMOS A GRAN SORTE DE QUE AS NENAS E NENOS MAIORES NOS LERON 1, 2, 3, 4... ATA 5 CONTOS!!!!! FIXEMOS DELAS/ES UN PANDEIRORisa E PASÁMOLO XENIAL!!!!

BOA FINDE FAMILIAS, ATA A PRÓXIMA!!

NOVAS EXPERIENCIAS...

BOAS DE NOVO, FAMILIAS!

XA ANDAMOS DE VOLTA!!! NA AULA CONTINUAMOS CON ALGUNHAS DAS RUTINAS XA COÑECIDAS E, COMO NOVIDADE, INCORPORAMOS OUTRAS QUE VEREDES A CONTINUACIÓN. 

NESTE TRIMESTRE INICIÁMONOS NO EMPREGO DO CALENDARIO DE XEITO INDIVIDUAL, PARA O QUE CADA NENA/O ESCRIBIU O SEU NOME NEL E, ADEMAIS, PINTARON OS DÍAS DA SEMANA DE CORES DIFERENTES PARA ASÍ UBICARSE MELLOR NO PAPEL. É RESPONSABILIDADE DA PERSOA ENCARGADA DO DÍA REPARTIR OS CALENDARIOS PARA, A CONTINUACIÓN E ENTRE TODAS/OS, FALAR DO DÍA NO QUE NOS ATOPAMOS, IDENTIFICAR A GRAFÍA E, FINALMENTE, RODEALA NO CALENDARIO. POR SORTE E COMO FORMAN UN MOI BO EQUIPO, SE ALGUÉN ANDA DESPISTADO/A OU NON IDENTIFICA O NÚMERO, SEMPRE CONTAN CON ALGUÉN DO EQUIPO PARA RECIBIR A AXUDA PRECISA. CONFÉSOVOS QUE ME ENCANTA ESCOITAR ENTRE ELES/AS ISO DE "AXÚDASME, POR FAVOR?".Guiño

ADEMAIS E COMO XA ESTAMOS NO MES DE ABRIL, TOCOUNOS FACER O REXISTRO DO TEMPO DO MES PASADO E, UNHA VEZ MÁIS, REALIZÁMOLO EMPREGANDO UNHA ESTRUTURA COOPERATIVA. NESTE CASO FOI A DE "FOLIO XIRATORIO". PARA LEVALA A CABO E EN PRIMEIRO LUGAR, UN MEMBRO DO EQUIPO CONTABA AS CANICAS QUE HABÍA NUN DOS BOTES DO TEMPO E, SE OS DEMAIS MEMBROS ESTABAN DE ACORDO CO RECONTO, PEGABA TANTOS GOMETS COMO CANICAS HABÍA NA COLUMNA CORRESPONDENTE. SUCESIVAMENTE E SEGUINDO A ORDE DAS AGULLAS DO RELOXO, O FOLIO ROTABA POLAS MANS DE TODOS OS MEMBROS DO EQUIPO ATA COMPLETAR ESTA PRIMEIRA PARTE DA ACTIVIDADE. A CONTINUACIÓN, TIÑAN QUE ESCRIBIR A GRAFÍA DO NÚMERO QUE REPRESENTABA OS GOMETS QUE HABÍA EN CADA COLUMNA PARA O QUE INICIALMENTE A IDENTIFICABAN NA RECTA NUMÉRICA E, POSTERIORMENTE E SE TODOS/AS ESTABAN DE ACORDO, O NENO OU NENA A ESCRIBÍA NO RECADRO CORRESPONDENTE. TRAS REPRESENTAR TODAS AS GRAFÍAS, ERA O MOMENTO DE POÑER O NOME DO MES DE "MARZO" PARA O QUE EMOREGARON OS SELOS DE LETRAS. EN PRIMEIRO LUGAR, UN MEMBRO IDENTIFICADA O PRIMEIRO SON, SELECCIONABA O SELO CORRESPONDENTE E SE TODAS/OS ESTABAN DE ACORDO EN QUE ERA O CORRECTO, ESTAMPÁBAO. E, UNHA VEZ MÁIS, ASÍ SEGUIU A ACTIVIDADE NO SENTIDO DAS AGULLAS DO RELOXO ATA COMPLETAR A ESCRITA DA PALABRA. 

ESTE TIPO DE ESTRUTURAS RESÚLTANLLES CADA VEZ MÁIS DOADAS AO COÑECER O SEU FUNCIONAMENTO. ADEMAIS, DANLLES A OPORTUNIDADE DE REGULARSE ENTRE ELES/AS MESMOS/AS, DE AXUDARSE, APRENDER A RESPECTAR AS QUENDAS, OBSERVAR E APRENDER DAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS. 

NO RECANTO DE EXPERIENCIAS PROPÚXENLLES UNHA ACTIVIDADE DA ÁREA DE VIDA PRÁCTICA DE MONTESSORI QUE, SEN DÚBIDA, LLES ENCANTOU. TIÑAN A GRAN RESPONSABILIDADE DE LAVAR A UN BONECO DA AULA QUE ESTABA MOI PERO QUE MOI SUCIO. PUXÉRONSE MANS Á OBRA RAPIDAMENTE!!

ADEMAIS, E COMO ERA UNHA ACTIVIDADE QUE ME INTERESABA QUE FIXERAN TODAS/OS, CREAMOS UNHA TÁBOA DE REXISTRO ONDE, INICIALMENTE, ESCRIBIRON OS SEUS NOMES E A MEDIDA QUE ÍAN REALIZANDO A ACTIVIDADE, POÑIAN UNHA CRUZ AO LADO DO SEU NOME PARA ASÍ SABER QUEN XA A COMPLETARA E QUEN AÍNDA NON.

NO RECANTO DE LETRAS E CON MOTIVO DO INICIO DA PRIMAVEIRA, CONTABAN DON DISTINTAS TARXETAS CON VOCABULARIO RELACIONADA CON ESTA ÉPOCA DO ANO E CON LETRAS MÓBILES PARA COMPOÑELAS. ENCÁNTAME CANDO POR DECISIÓN PROPIA ACODEN A ESTE RECANTO A REALIZAR A ACTIVIDADE PROPOSTA OU SIMPLEMENTE A EXPERIEMENTAR COAS LETRAS E OS SEUS SONS.

OUTRA ACTIVIDADE DESTA SEMANA CONSISTIU EN REALIZAR A DINÁMICA "A ENTREVISTA", A CAL FORMA PARTE DO PROGRAMA DE APRENDIZAXE COOPERATIVA E QUE TEN POR FINALIDADE AFONDAR NO COÑECEMENTO DAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS E ASÍ TAMÉN DESCUBRIR ASPECTOS QUE TEMOS EN COMÚN CON ELAS E ELES. PARA LEVALA A CABO, EN PRIMEIRO LUGAR FIXEMOS UN SORTEO PARA FORMAR PARELLAS, DE XEITO QUE PREVIAMENTE ESCRIBÍN EN PAPELIÑOS NÚMEROS DO 1 AO 5. POSTERIORMENTE, CADA NENO/A SELECCIONOU UN DOS PAPEIS E DESCUBRIMOS ASÍ AS PARELLAS PARA REALIZAR A DINÁMICA. 

A CONTINUACIÓN FUN CHAMANDO ÁS DISTINTAS PARELLAS E PRESENTEILLES A FOLLA A CUBRIR. INICIALMENTE, TIÑAN QUE ESCRIBIR NA PARTE SUPERIOR O NOME DA PERSOA Á QUE ÍAN ENTREVISTAR (TODO UN RETO, XA QUE ATA AGORA SÓ TRABALLARAN A ESCRITA DO PROPIO NOME). FEITO ISTO, COMEZABA A ENTREVISTA: A FOLLA CONTABA CON FOTOGRAFÍAS DE DIVERSAS COUSAS (UNHA LARANXA, COLOREAR, UN PARQUE, UN GATO) E CADA MEMBRO DA PARELLA TIÑA QUE PREGUNTARLLE Á OUTRA PERSOA SE ESAS COUSAS LLE GUSTABAN OU NON E ANOTALO NA COLUMNA CORRESPONDENTE. COMPLETADA ESTA FOLLA DE REXISTRO, CADA PERSOA VEBALIZABA AS COUSAS QUE LLE GUSTABAN E AS QUE NON DA SÚA PARELLA PARA VERIFICAR SE A INFORMACIÓN ERA CORRECTA. ADIÁNTOVOS QUE NA PRÓXIMA SESIÓN FAREMOS UNHA POSTA EN COMÚN EN GRAN GRUPO DOS RESULTADOS DESTAS ENTREVISTAS PARA QUE ASÍ A INFORMACIÓN NON QUEDE SÓ ENTRE AS PARELLAS, SENÓN QUE SEXA COÑECIDA POR TODOS OS NENOS E NENAS DA CLASE E PODAN IDENTIFICAR OS GUSTOS DOS/AS DEMAIS COMPIS, VER SE COINCIDEN OU NON COS SEUS... EN DEFINITIVA, COÑECERSE MELLOR. AS SÚAS CARIÑAS AS VER AS COINCIDENCIAS FORON ESPECTACULARES!!!Sorprendido

O XOVES, XA A PIQUES DE REMATAR A SEMANA, TIVEMOS UN CONTACONTOS NA BIBLIOTECA. VIÑERON VISITARNOS GEMA E ROCÍO, ESCRITURA E ILUSTRADORA RESPECTIVAMENTE DO CONTO "A PANTASMA COLORIDA". TRAS A NARRACIÓN DO MESMO, REALIZARON UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA DE CREAR A SÚA PROPIA PANTASMA, A CAL DECORARON CON ROTUS E SELOS DE CORES.

FINALMENTE, O VENRES VISITOUNOS A MAMÁ DE RAFA PARA FACER UNHA NOVA RECEITA. NESTA OCASIÓN A PROTAGONISTA FOI A FROITA E ASEGÚROVOS QUE NON SOBROU NADA!!! CON FRESAS, PLÁTANO E PEPIÑAS DE CHOCOLATE HOUBO QUEN FIXO UNHA SERPE E QUEN FIXO UNHA FLOR DAS QUE, POR SUPOSTO, NON QUEDOU NIN RASTRO DELAS!!!

ATA A PRÓXIMA, FAMILIAS!Risa

RECEITA COA MAMÁ DE RAFA

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Despois dun días de descanso xa estamos de volta con enerxía para afrontar o último trimestre deste curso. 

Comezamos coñecendo a dúas artistas galegas como celebración das Artes Galegas que tivo lugar o 1 de abril: Miriam Rodríguez, cantante, e Maruja Mallo, pintora.

Tamén fixemos unha actividade de grafismo creativo facendo un arco da vella coas súas distintas cores e entre cada arco realizamos diferentes grafismos que os compis ían suxerindo.

Ademais elaboramos unhas pantasmas para decorar a biblioteca do cole, posto que ao día seguuinte contabamos cunha visita moi especial.

Tivemos a sorte e o pracer de poder contar no noso cole coa visita de Gema e Rocío, a escritora e ilustradora dun conto precioso, " A pantasma colorida" que no ensina a ver todo de cor.

Despois decoramos cada un/unha a nosa saba con debuxos e selos para despois poder facer a nosa pantasma. Gema lle poñía a cabeza e Rocío unha cara sorinte.

Tamén realizamos unha actividade de escritura, onde partindo das iniciais do mes de abril tiñamos que escribir unha palabra que comezase por cada letra.

Esta semana tamén tivemos que decorar o noso espello das emocións, o cal empregaremos en diversas actividades.

A primeira delas foi por un lado identificar as emocións nos demais e representar dita emoción nos mesmos mirándonos ao espello para ver como nos cambia a cara segundo esteamos contentos, tristes ou enfadados. Despois tamén a mestra nos plantexou diversas situacións e nós tiñamos que dicir como nos sentiriamos e representar esa emoción.

A vindeira semana moito máis. Boa fin de semana!!!

Distribuir contido