MERENDA CON MEDO

 

Preme na imaxe para saber máis!!! 

OS NENOS DE INFANTIL NO LUSTRES RIVAS

Os nenos de infantil vendo a exposición en comuñón co mar do Pintor Francisco Paz, no Lustres Rivas.

EXPOSICIÓN COAS MANS NA NASA

Aquí vos deixamos un resumo da exposición do proxecto de centro sobre o mar "COAS MANS NA NASA".

Gracias a todos os profesores e alumnos polo marabilloso traballo e ás familias e outros membros da comunidade educativa  por acompañarnos e compartir con nós o seu saber e o seu tempo. 

 

 

ABERTO PRAZO SOLICITUDE AXUDAS DO CONCELLO PARA LIBROS,MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR 23-24

AXUDAS DO CONCELLO PARA  LIBROS, MATERIAL E COMEDOR ESCOLAR, PARA O ALUMNADO DO CONCELLO, PARA O VINDEIRO CURSO 2023-2024

Está publicado no BOP da provincia toda a información necesaria para que o alumnado que reúna os requisitos podan solicitar as axudas do concello.

BOP

Bases

Anexo I

OBRA DE TEATRO "Coas Mans na Nasa"

Esta mañá o alumnado de 5° curso deleitounos cunha marabillosa obra de teatro titulada:

"Coas Mans na Nasa"

Fixeronnos aprender e divertirnos a partes iguais!

Un aplauso para todos eles!!!! 

Coas man na nasa vídeo maio23

LETRAS GALEGAS 22-23

RomaríadasLetras 22-23 pandeireta gif

Este ano estivemos de romaría para conmemorar as nosas Letras. Versionamos e cantamos as poesías da nosa ilustre Rosalía, tocamos as pandeiretas e cantamos cantigas tradicionais, bailamos todos e todas xuntas a Muiñeira Global,e,...para rematar fomos polos distintos "postos" da nosa festa e xogamos, divertímonos e aprendemos sobre Francisco Fernández del Riego e outros autores anteriores, estivemos cosendo redes, debuxando, facendo letering, pescando peixiños, facendo nós,... Vai xornada máis fantástica!!!!

Romaría video 22-23 Romaría das letras-cartaz 22-23

 

CÓNTOCHE UN TRAXE

pezas traxe galego

O alumando de cuarto de primaria,fomos ao Museo Municipal para asistir a unha actividade divulgativa do noso traxe tradicional galego, combinando saberes, poesía, música,..., da man da  cantareira de Leilía. Entre canto e canto, panderetada e panderetada, vestíronnos a todos e a todas e aprendemos  as pezas  do noso traxe tradicional galego.

cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno cantareira vestindo a un neno

 

Distribuir contido