Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
PROGRAMA DE ADAPTACIÓN PARA NENOS DE 3 ANOS
PRIMEIRA FASE:
Unha vez recollida a información sobre os nenos que van acudir por primeira vez ao colexio, a través das solicitudes de matrícula, e antes do remate do curso anterior (mes de xuño), convocaranse aos pais a unha reunión conxunta, explicativa de todo o proceso. Nesta reunión participarán:
- As mestras de E.I. de 3 anos (se non se sabe aínda quen son, participaría a coordinadora de E.I. e/ou a(s) mestra(s) que imparten actualmente aos nenos de 3 anos, ou no seu defecto, as mestras definitivas que estarán no colexio no vindeiro curso.
-Xefe de Estudios e/ou Director.
- Xefe do Departamento de Orientación.
Os aspectos a tratar nesta reunión serán os seguintes:
- Os obxectivos da Educación Infantil.
- Normas elementais do colexio e o seu funcionamento.
- A xustificación do período de adaptación.
- Hábitos e autonomía dos nenos/as´.
SEGUNDA FASE:
No mes de Setembro convocarase unha nova reunión conxunta de pais/nais de alumnos de 3 anos na que se explicará o calendario de incorporación dos nenos, así como outros detalles de interese relativos á escolarización dos nenos.
O programa de adaptación propiamente dito comezará despois da mencionada xuntanza colectiva, con entrevistas individuais da profesora cos pais/nais do neno/a, a razón de varias entrevistas diarias, e nas que o neno/a estará presente na aula para unha primeira toma de contacto... Estas entrevistas, que teñen por finalidade recadar información sobre o alumno e o seu contorno familiar para un maior coñecemento do mesmo, realizaranse nun período aproximado de 4 ou 5 días (se a ratio da aula é de 25 alumnos).
Rematado o período das entrevistas, os nenos comezarán a asistir a clase en quendas :
- A primeira semana serán grupos de 8 ou 9 nenos durante unha hora diaria.
- A segunda semana asistirán dous grupos de 12 e 13 nenos durante hora e media cada día.
- A seguinte semana asistirán todos os nenos da aula xuntos durante 3 horas.
-E na última semana asistirán todos xuntos durante 4 horas.
Deste xeito, a partires da primeira semana de Outubro os nenos acudirán en horario normal de 5 horas pola mañá coma o resto do alumnado do colexio dando por finalizado o período transitorio de adaptación (horarios e agrupamentos), sempre e cando o proceso se desenrole con normalidade.
Gracias a este período de adaptación os nenos/as iranse integrando paulatinamente no seu grupo-clase, coñecendo á súa mestra e compañeiros e habituándose a un novo espacio e rutinas, evitando que a súa chegada ao cole resulte traumática e sí máis alegre e motivadora.