POR FIN FIXEMOS A VISITA AO RANCHO ESCOLA PORTO DO SON!

En Porto do Son, visitamos o Rancho escola, antes coñecido como "Equitur". Os nenos de 3 anos A e B do noso cole o Ceip o Grupo fomos ver unha granxa onde nos ensinaron un montón de cousas sobre cabalos, e o mellor de todo, o que máis molou, foi subir neles.

Para chegar estaba a nos agardar o encargado, que lle indicou o camiño ao autobús, percorremos a estrada monte arriba ata chegar a finca do rancho escola, moito máis grande que a anterior.

Nada máis chegar déronnos un superagasallo, gorros de granxeiro/a, mirade logo as imaxes. Fixeronnos unha pequena presentación Teórica multimedia sobre os cabalos, pintamos unha ficha e fomos coñecer as cuadras, as habitacións dos cabalos, soubemos que comen palla e avea, gústalles que lles fagan moitos mimos, que os peiteen... e que lles falen moi amodiño e baixiño.

Unha vez vestidos os cabalos, preparados para poder montalos fómolos agardar a un espazo habilitado para a monta, tódos agardaban este intre con impaciencia, levaban dias e semanas soñando con este momento e xa non contamos máis, mirade a supergalería de imaxes que temos preparada.

Clica para ver a galeria de imaxes