Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
COMO FUNCIONAMOS
|
INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA |
A aula destinada á Biblioteca ocupa uns 36 m2 na planta baixa do edificio principal do colexio. Dentro do local pódense diferenciar tres zonas: a zona de lectura informal, con chan de corcho e bancos; a zona de traballo, separada da anterior por estanterías, onde se ubican mesas e sillas para 25 nenos/as; e unha zona de xestión, catalogación e préstamo onde se asentan os ordenadores.
Conta con diversas estanterías onde atopar os fondos (divididos en material de lectura e material de consulta seguindo a clasificación da CDU)e varios armarios para o material audiovisual, ademáis de expositores: un para as novidades (dentro da biblioteca) e outro fora para as campañas lectoras, xunto con murais, posters, etc. Tamén dispoñemos dalgúns recunchos como "curalibros", "Os nosos libros", Catálogos, etc.
CATALOGACIÓN |
En cursos anteriores comezouse coa catalogación dos fondos de forma informática utilizando o sistema Meiga. Unha vez asignado o código, o material impreso narrativo divídese en ciclos e se lle coloca unha pegatina no lombo: azul para E.I., vermella para 1ºciclo, verde para 2º ciclo e amarela para 3º ciclo. Asímesmo póñenselle unhas pegatinas que designan o lugar onde se atopa o libro (por exemplo: Os tres porquiños levará a pegatina 3-5-G, e dicir, (3)terceira estantería , (5) quinto andel e (G) por estar escrito en galego).
O PRÉSTAMO |
Os servizos que se ofrecen a través do Equipo da Biblioteca son os de lectura en sala, préstamo, información e orientación e actividades de fomento da lectura. En canto ao préstamo, calquera membro da comunidade educativa poderá levar un libro, sempre e cando posúan o carné da biblioteca expedido polo CEIP O Grupo.
NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA |
Pero non debemos esquecer o cumplimento por parte de todos dunha serie de normas para o seu mellor funcionamento:
-
Na biblioteca hai que manter un ton de voz baixo para non entorpecer as actividades que alí se levan a cabo.
-
Cando se devolva un libro, o propio alumno/a debe colocalo no andel axeitado, sempre co lombo cara fóra, e observando a qué ciclo e andel corresponde segundo as pegatinas do libro. Se ten dúbidas, preguntará á persoa responsable nese momento da biblioteca.
-
Se se realizan traballos dentro da biblioteca, utilizaranse papeleiras clasificadoras do lixo e deixarase todo recollido antes de marchar, para que tanto os fondos coma o mobiliario poida ser utilizado libremente por outro grupo de alumnos.
-
O plazo de préstamo dos libros é de 15 días, quen non devolva un libro no prazo de 15 días, non poderá levar outro en préstamo ata que non repoña o exemplar correspondente. Se esta conduta se repite con asiduidade poderáselle denegar o servizo de préstamo.
O HORARIO |
A biblioteca estará aberta durante todo o período lectivo dende Outubro ata Maio: luns, mércores e xoves de 16:00 a 17:30 e martes de 16:00 a 17:00.
Ademais cada titor poderá acudir co seu grupo-clase unha hora á semana para realizar as actividades que crea máis oportunas. Se se necesitara acudir outro día ou momento debe solicitarse permiso á persoa encargada da biblioteca e respectando sempre as normas en canto a aforo, orde, silencio, etc.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE |
A biblioteca pode convertirse en sinónimo de igualdade no acceso aos métodos audiovisuais. Isto implica unha maior motivación e unha nova disposición para enfrontarse ó reto de aprender. Así pois, algunhas das estratexias que levamos a cabo dende a biblioteca para enfrontarnos á diversidade de alumnado coa que nos atopamos no CEIP O Grupo serán as seguintes:
-
Fanse recomendacións aos alumnos ou outros membros da comunidade educativa en función dos diferentes gustos, así como páxinas web con indicacións, etc.
-
Elabóranse libros adaptados a nenos con necesidades educativas especiais (con pictogramas, de fácil manexo, etc) e co nome de "Os superlibros".
-
Adáptase o material audiovisual (teclados ou ratos) ás características evolutivas dos nenos/as.
A BIBLIOTECA E AS FAMILIAS |
No CEIP O Grupo contamos coa colaboración das familias e da ANPA para moitas das actividades que se levan a cabo na biblioteca: dende a organización de exposicións, ata a participación directa en contacontos ou tarefas bibliotecarias, a elaboración de "libros viaxeiros" (especialmente entre os máis pequenos),etc
Asímesmo O Equipo de Biblioteca elaborará sinxelos boletíns recomendando libros, coincidindo co Nadal, Día do Libro e Fin de curso, nos que se incluirán reseñas para "maiores", fomentando deste xeito a lectura nas familias.