Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
BOLSAS E AXUDAS PARA ANEAE (CURSO 2024_25)
Desde o día 30 de abril ata o día 13 de setembro ábrese o prazo para solicitar as bolsas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Poden solicitar a mesma o alumnado con discapacidade, trastorno grave de conduta, trastorno grave da comunicación ou da linguaxe, trastorno do espectro autista e alumnado con altas capacidades.
Web de solicitude
Documentación necesaria |
Certificado do banco no que se diga que a/o nena/o é o titular da conta. Lémbrese que ten que aparecer o selo da entidade bancaria. |
Certificado de convivencia expedido polo Concello, no que se indique o número de persoas empadroadas na vivenda familiar. |
Fotocopias dos DNI da/o nena/o e de todos os empadroados na vivenda familiar. |
Copia do certificado de discapacidade. |
Certificado médico para o alumnado que presente TEA. |
Necesidade de asinar por todos os membros da familia as páxinas da solicitude da axuda. No caso da/o nena/o, asina o representante da/o nena/o. |
No caso de ser familia numerosa, copia do título de familia numerosa. |
Memoria e informe do gabinete no que se levará a cabo a intervención. |
E todos aqueles outros documentos que se requiran en función da situación de cada familia. |
Unha vez impresa e cuberta a solicitude, presentarase a mesma no centro educativo onde a/o alumna/o vaia a estar matriculado/a no curso 2024-25.
Máis información na web: