Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
@S ALUMN@S DO GRUPO ACHEGANSE AO MAGOSTO TRADICIONAL
Celebramos o Magosto, a tradicional festa da castaña o mércores 26 de novembro de 2008. Vos sabiades que antes de que Colon chegara a América e trouxera a pataca, o alimento que formaba a base da alimentación era a castaña. As castañas cocidas, asadas, soas ou acompañadas, estaban presentes nas alacenas dos galegos. Hoxe para algúns pasa por un produto de tempada sen máis, para outros é un produto de gourmet o "marrón glacé". Con esta actividade queremos lembrar a importancia social, económica, cultural... da castaña froito do castiñeiro.
Mirade o que fixemos neste curso académico para celebrar o Magosto 2008-09
-
Os equipos organizadores crearon un cartafol do magosto con material adaptado a cada etapa, ciclo e nivel, para traballar na aula.
-
Os alumnos trouxeron un puñado de castañas picada para asalas o 26 de novembro.
-
II Concurso de Froitos do Outono, para desarrollar a creatividade artística e a capacidade de reciclado cos froitos do outono.
-
Realizarase outra actuación protagonizada polo Capitán Benito Souto e a Grumete Quilla :” O Magosto da Gaivota” en Infantil e 1º ciclo de primaria e "As aventuras de Xan Castañeda"en 2º e 3º ciclo de Primaria.
-
Visionado do conto audiovisual "A castaña Dourada" en Infantil e 1º ciclo.
-
Circuíto de xogos populares e tradicionais Galegos: Carreira de sacos, a ra, a chave da Coruña, os birlos, encesta a castaña, achega a castaña, carreira de castañas na culler, zancos de man, aros con guía, o ferrón, tira da corda…
-
Degustación de castañas asadas por un castañeiro tradicional.
-
Lixoman fixonos unha visita para lembrarnos, unha vez que estamos na Axenda 21, que as pelas das castañas se tiran no contedor verde de residuos orgánicos.
clica para ver a galeria de imaxes